A formación nacionalista recolleu máis de 300 sinaturas entre os veciños e veciñas
O BNG vai levar ao vindeiro pleno do Concello de Cerdedo-Cotobade unha moción sobre a estafa do prezo da luz e para demandar unha tarifa eléctrica galega.
Ernesto Filgueira propón ao pleno dirixirse ao goberno central e trasladar o rexeitamento da
súa política enerxética por contribuír ao incremento da factura eléctrica dunha parte
importante das e dos consumidores domésticos e de sectores vulnerábeis, singularmente os
cambios aplicados a partir do 1 de xuño de 2021 e instar a abrir un novo proceso para unha nova regulación da tarifa eléctrica baixo as seguintes premisas:
• Reducir os impostos que gravan o consumo de enerxía eléctrica, singularmente a
eliminación do imposto especial da electricidade e a redución do tipo aplicado no imposto de
valor engadido até o 4%.
• b) Beneficiar aos territorios de produción de enerxía eléctrica compensando o forte impacto ambiental e social derivado da súa produción a través dun abaratamento dos prezos
O portavoz nacionalista califica de “auténtica vergoña o feito de que Galiza, produtora de
enerxía eléctrica sexa penalizada, ademais de polo grave impacto económico e social, pola súa propia condición de potencia produtora”, e puxo como exemplo que Madrid, deficitaria en enerxía eléctrica resulta máis beneficiada.
É absurdo -afirmou Filgueira- que o Goberno español penalice a quen produce (Galiza), e
beneficia a quen consome. Como nacionalistas non asumimos esta lóxica humillante da estafa e do espolio permanente, que tanto dano nos fai e nos fixo historicamente. Nós producimos electricidade, e temos dereito a que esa riqueza reverta sobre o pobo galego”.
Paralelamente a actividade institucional, o BNG levou a cabo unha recollida sinaturas en
Cerdedo-Cotobade contra o espolio da suba da luz, que tivo unha grande aceptación entre a
veciñanza, chegando a superar as 300 sinaturas de apoio




