O presidente dos populares de Pontevedra, Rafa Domínguez, visitou Salcedo, acompañado polo concelleiro Pablo Fernández, para coñecer a denuncia veciñal sobre o corte dun vial “que non obedece a ningún criterio técnico”
“Repítese a mesma historia que na rúa Reina Vitoria: cortan un vial sen un estudo de tráfico e nin avisan aos veciños nin á comunidade educativa afectada”
O presidente do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, acompañado do concelleiro Pablo Fernández, visitou a parroquia de Salcedo, tras a denuncia cidadá contorna ao corte dunha rúa nas inmediacións do Colexio San Martiño. Tanto os veciños como a comunidade educativa eran desconocedores de que o Concello levaría a cabo o peche deste vial, tampouco o solicitaban. “Actuaron con nocturnidade e aleivosía. Trasladaron a política impositiva para cortar Reina Vitoria ás parroquias”, recoñeceu Fernández.
O concelleiro popular, encargado da formación para as áreas de urbanismo e mobilidade, destacou que as “maneiras utilizadas para este corte xa son facilmente reconocibles dentro dos modos de actuar do Concello”: “Como en Raíña Vitoria, cortaron un vial sen ningún tipo de estudo técnico, de mobilidade ou de tráfico, sobre o que soster o motivo do peche. Tampouco valoraron a opinión dos veciños, afectados por esta decisión. Nin avisaron á comunidade educativa do centro que se atopa nas inmediacións. Os locais de hostalería que están alí tampouco sabían nada. Ninguén solicitou este corte, pero o Concello impúxoo sen ningún argumento sólido”.
Fernández preguntará no próximo Pleno municipal o motivo polo cal o Concello segue actuando desta maneira, con cortes indiscriminados de tráfico e a modificación posterior do sentido de circulación das rúas anexas. “O BNG unha vez máis actúa dunha forma ditatorial sen contar cos veciños de Pontevedra”, finalizou Fernández.




