HomePontevedraCaldasO BNG urxe ao goberno municipal a apoiar o tecido asociativo...

O BNG urxe ao goberno municipal a apoiar o tecido asociativo de Cuntis e deixar de actuar con improvisación e desleixo

- Anuncio -spot_img

Natalia Camiña, portavoz municipal do BNG: “Que non se celebre o San  Xoán, que non estean garantidas as festas parroquiais, que a  Fundación estea nunha situación económica agónica, que non se apoie  o traballo das asociacións empobrece o noso concello a todos os  niveis e obriga urxentemente a un cambio de rumbo” 

O impago das subvencións nominativas ás asociacións e á  Fundación Terra Termarum do ano 2023 deixou a todo o tecido asociativo de Cuntis nunha  situación económica crítica ao non recibiren os cartos comprometidos por parte do Concello.  En distintos plenos, a preguntas do BNG e das propias asociacións, afirmouse que se  pagarían xuntas as do ano 2023 e 2024 (pleno do 14 de febreiro). Finalmente no pleno do 13  de maio o goberno levou un anexo aos orzamentos para aprobar o pago incompleto das  subvencións. Ante isto o BNG presentou unha moción que se aprobou por unanimidade dos  tres grupos que esixía o pagamento completo das mesmas. 

As consecuencias desta demora son dramáticas para moitas das asociacións e  nomeadamente para a Fundaciòn Terra Termarum, poñendo en perigo o labor extraordinario  que fai na xestión, protección e divulgación do xacemento, ou o seu obradoiro de cerámica  castrexa.  

Onte mesmo a Asociación de Amigxs dos Castros, organizadores do San Xoan de  Castrolandín, anunciou que non se celebrará este ano a festa á que ano tras ano acudimos  viciños e viciñas para desfrutar da festa máis especial do ano nunha contorna incomparable,  precisamente pola situación económica na que o goberno deixou á Fundación. 

Tamén soubemos no mesmo pleno que o goberno decidira organizar só un día das festas  parroquiais, informando a viciños e viciñas de Cuntis na primeira semana de xuño con só  dous meses de antelación, case sen marxe para montar unha comisión, nun novo exercicio  de improvisación e desleixo. E mentres deciden gastar no concerto do lacón máis de 53000€ 

En palabras da portavoz municipal Natalia Camiña “que non se celebre o San Xoán, que non  estean garantidas as festas parroquiais, que a Fundación estea nunha situación económica  agónica, que non se apoie o traballo das asociacións empobrece o noso concello a todos os  niveis e obriga urxentemente a un cambio de rumbo”. 

Por iso dende o BNG esiximos e.establecer prioridades que pasan por presentar uns  orzamentos, xa que non se aproban dende o 2022, por apoiar o tecido asociativo e deixar de  actuar con improvisación e irresponsabilidade e cumprir os acordos plenarios.

Publicacións Relacionadas