HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello advirte á veciñanza de que o Ministerio saca a información...

O Concello advirte á veciñanza de que o Ministerio saca a información pública o Parque Siroco, ubicado fóra da Área de Desenvolvemento Eólica de Galicia

- Anuncio -spot_img

• O proxecto, que prevé instalar 11 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria e investir 52,5 millóns de euros, afectará ás parroquias da Corredoira, Carballedo, San Xurxo e Santa María de Sacos e a liña de evacuación a de Cerdedo
O Concello de Cerdedo-Cotobade trasladou unha carta a todas as comunidades de montes afectadas polo proxecto de implantación do Parque Eólico Siroco, de 61,6 MW, promovido pola entidade Greenalia Wind Power Tramontana, S.L.U., que tramita o Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico do Goberno de España e que acaba de someter a exposición pública por espazo dun mes para que os afectados poidan presentar as correspondentes alegacións que consideren oportunas.

Este proxecto eólico, que somete a trámite de información pública as solicitudes de Autorización Administrativa Previa e Declaración, en concreto, de Utilidade Pública, e o Estudio de Impacto Ambiental das súas instalacións, afectaría no seu desenrolo ás parroquias de Corredoira, Carballedo, San Xurxo e Santa María de Sacos e a lilña de evacuación á de Cerdedo e pretende instalar un total de 11 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria cun investimento aproximado de 52.449.139,96 euros.

O anteproxecto contempla a inclusión de 11 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria, con transformador de potencia 30/0´72 kV. Instalado no interior da góndola de cada aeroxerador, con 150 metros de diámetro de rotor e unha altura de 105 metros ademais dunha torre metereolóxica.

Os aeroxeradores conectaranse eléctricamente mediante liñas subterráneas de 30 kV á subestación receptora do parque eólico Siroco que se construirá co obxectivo de evacua-la enerxía xerada para eleva-la tensión da rede de interna do parque (30 kV) ao nivel do punto de intercontexión previsto coa liña de evacuación (132 kV). As dimensións aproximadas desta planta, segundo o proxecto, serían de 34×36 metros e estaría ubicada no termo municipal de Cerdedo-Cotobade.

Pola súa banda, a liña de alta tensión de evacuación transportará a enerxía do parque eólico Siroco desde a SET PE Siroco (30/132 kV) ata a SE PE As Peñizas (30/132 kV, subestación en tramitación ante a administración autonómica, sobre a que se proxectan actuacións de modificación para dar entrada a esta liña); constará dunha primeira parte, simple circuito, cunha lonxitude aproximada de 12.725 metros e unha segunda parte dobre circuito compartida coa liña de Peñizas-Paraño cunha lonxitude aproximada de 933 metros que
discurrirá polos termos municipais de Cerdedo-Cotobade e Forcarei.

PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS ANTE A SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN
PONTEVEDRA
Para presentar alegacións, as persoas ou entidades veciñais que así o consideren oportuno deberán facelo ante as Dependencias da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación do Goberno en Pontevedra, a través do Rexistro Electrónico da Adminstración Xeral do Estado xa que é a competente nesta materia. Para elo o Concello pon a disposición dos interesados o asesoramento da técnico municipal de medio ambiente.

O Anteproxecto e o Estudio de Impacto Ambiental das instalacións que pretende levar a cabo a través do Parque Eólico Siroco poden ser examinados a través o enlace (completo):
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/0689b1539496fabd46a
6f8899a239f8a37c1dd1b
Abreviado: http://run.gob.es/PEol323AC
A través do apartado “Proyectos, Campañas e Información/Procedimientos de Información Pública” da sede electrónica da Delegación do Goberno en Galicia; e presencialmente na Área de Industria e Enerxía da Subdelegación del Gobierno en Pontevedra. Esta consulta presencial requerirá de cita previa, que pode solicitarse a través do teléfono 986 98 92 35.

Publicacións Relacionadas