HomePontevedraCaldasO Concello adxudica o proxecto para a dotación de saneamento de augas...

O Concello adxudica o proxecto para a dotación de saneamento de augas residuais no núcleo da Igrexa, en Saiar

- Anuncio -spot_img

A actuación conta cun prazo de execución de tres meses  e cun orzamento que ascende a preto de 170.000 euros,  unha contía que se cubrirá co Plan +Provincia da  Deputación de Pontevedra, correspondente á convocatoria de 2024 

O alcalde, Jacobo Pérez, confirma que tamén se acaba de  aprobar o proxecto para implantar este servizo entre  Soutelo de Abaixo e Gundiñáns, continuando así coa folla  de ruta de potenciar as prestacións básicas no rural 

O Concello de Caldas de Reis  vén de adxudicar unha obra moi importante para continuar coa folla de  ruta marcada polo Goberno municipal á hora de dotar de servizos  básicos ao rural. Trátase do proxecto para a implantación de  saneamento de augas residuais no núcleo da Igrexa, na parroquia de  Saiar. O alcalde, Jacobo Pérez, visitou este martes a zona na que se  acometerán os traballos, acompañado polo concelleiro da parroquia,  Juan Carlos Ortigueira. Os labores serán asumidos por Excavaciones y Construcciones Pérez Portela SL, logo de que a súa oferta fose a máis  ventaxosa de todas as que se presentaron ao concurso de licitación. O  orzamento ascende a un total de 168.337,36 euros, IVE engadido. 

Tal e como explicou o rexedor caldense, a actuación serve para  continuar ampliando a rede de servizos básicos neste núcleo. O  proxecto contempla a instalación de varios colectores soterrados, coas  súas correspondentes acometidas domiciliarias. A maiores,  procederase á dotación dunha estación de bombeo, coa súa  correspondente impulsión. Estas obras serán financiadas con cargo ao  Programa +Provincia da Deputación de Pontevedra, correspondente á  convocatoria de 2024. “Esta é unha das actuacións que tiñamos  pendentes de comezar por mor dos tempos administrativos”, lembrou  Pérez Gulín, que sinala que o prazo de execución dos traballos será de  tres meses, polo que “se non se producen imprevistos, os traballos, moi  necesarios nesta zona, serán unha realidade antes do vindeiro verán”. 

O alcalde de Caldas de Reis apunta que “intentaremos que os traballos  resulten o máis áxiles posibles, para causar as menores molestias a  condutores, peóns e ás persoas residentes na zona, a quen lles  agradecemos de antemán a súa comprensión”. 

Saneamento en Soutelo de Abaixo 

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local aprobou hai uns días o  proxecto para a dotación de saneamento de augas residuais entre o núcleo de Soutelo de Abaixo e Gundiñáns. Trátase dunha obra moi  similar á da Igrexa, que servirá para garantir a recollida deste tipo de  augas que proceden das vivendas da zona, de xeito que se canalizan  ata a Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR). A aprobación  corresponde á primeira fase da actuación, que tamén se financia a  través do Programa +Provincia de 2024, e que contará cun orzamento  que ascende a máis de 333.000 euros, IVE engadido. 

O alcalde Pérez Gulín incide en que, unha vez superados os tempos  administrativos correspondentes, “pouco a pouco imos sacando cara  adiante proxectos que xa estaban contemplados e que supoñen unha  mellora importante para a calidade de vida da veciñanza, neste caso no  noso rural”.

Publicacións Relacionadas