HomeVigoO PorriñoO Concello amosa a súa condolencia polo falecemento de Alvaro Cunqueiro que...

O Concello amosa a súa condolencia polo falecemento de Alvaro Cunqueiro que fora xefe da Policía Local

- Anuncio -spot_img

A alcaldesa, Eva Garcia; a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure e o Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez acudiron esta mañá ao Tanatorio de Redondela a dar testemuña da condolencia do Concello do Porriño pola perda de Alvaro Cunqueiro, falecido onte aos 78 anos. Esta tarde terá lugar o funeral que se celebrará na igrexa de Santa María do Viso (18 horas).
Cunqueiro chegou a Porriño procedente de Vigo e estivo en activo 25 anos, período no que fora xefe da Policía Local ata a súa xubilación en 2008.
Na imaxe adxunta, sen dúbida histórica, aparece xunto co anterior alcalde, Xosé Manuel Barros, o anterior presidente da Xunta, Gerardo Fernández Albor; o viceprresidente, Xosé Luis Barreiro Rivas e co gobernador civil da provincia, daquela Virginio Fuentes.

Publicacións Relacionadas