HomeBaixo MiñoA GuardaO Concello colabora coa saída cultural por Chantada e Lugo para o...

O Concello colabora coa saída cultural por Chantada e Lugo para o sábado 18 de abril

- Anuncio -spot_img
  • As inscricións estarán abertas ata o próximo venres 10

Coa primavera e o bo tempo acompaña para organizar unha saída cultural en bus para que a veciñanza poida coñecer dúas localidades de gran interese en Lugo.

A saída cultural será o sábado 18 de abril e o programa incluirá a visita aos concellos de Chantada e Lugo ademais do xantar.

A visita ao concello de Chantada centrarase no seu casco antigo onde destacan as vivendas cos seus soportais tradicionais e a rúa do Comercio. Tamén está previsto o percorrido guiado pola cidade de Lugo e o seu afamado patrimonio como a muralla romana, a Catedral o ou mesmo a Praza de España.

Esta saída cultural está organiza por Costa Atlántica Viajes cun importe de 60€ por persoa, con saída ás 7:30h e regreso aproximado ás 21:00h na Guarda.

Para máis información e inscrición, as persoas interesadas deben dirixirse á Casa dos Alonso (3ª planta) ou ben a través do tel. 986 61 45 46 ata o venres 10 de abril, data na que pecha a inscrición.

Publicacións Relacionadas