• Cubela: “O éxito sorprendente da ruta de Almofrei fai que nos animemos a ter canto antes as demais sendas previstas neste ambicioso e pioneiro proxecto que irmanda a natureza co exercizo físico accesible para todo tipo de persoas e condicións”
O Concello de Cerdedo-Cotobade continúa coa posta en marcha dos roteiros saudables cun novo percorrido que ten como punto de partida e chegada a Praza do Concello, en Cerdedo, e unha lonxitude circular de 5,5 quilómetros que discurren por frondosos bosques
do val do Lérez.
O alcalde, Jorge Cubela, felicitou aos técnicos do Concello pola posta en marcha destes roteiros saudables que arrancaron en Semana Santa co de Almofrei que se convertiu nun auténtico éxito de participación non so veciñal senón de visitantes da contorna que disfrutaron das marabillosas paraxes do río, a ponte medieval e da rica e variada biodiversidade.
A seguinte ruta que acaba de ser rematada en canto a sinalización, acondicionamento e cartografía é a deste circuito que discurre nunha pequena parte polas rúas do núcleo urbano de Cerdedo, por diante da igrexa parroquial de San Xoán, para logo adentrarse nas belas paraxes desde as que se poden descubrir vistas do río Lérez e con cómodas pendentes que fan que esta ruta teña cualificada unha dificultade baixa.
O proxecto dos roteiros saudables posto en marcha polo Concello de Cerdedo-Cotobade, recollendo unha suxestións veciñal aportada durante a elaboración dos orzamentos participativos que puxo en marcha Cubela, xurde coa intención de poñer ao alcance de calquera persoa cunha condición física normal un sendeiro para poder camiñar ou facer deporte percorrendo diferentes rutas perfectamente sinalizadas que permiten visitar espazos de recoñecido interese natural, cultural, arquitectónico ou mesmo polo seu carácter social para os practicantes.
ROTEIROS FEITOS A TRAVÉS DA COLABORACIÓN VECIÑAL
Así, o Concello de Cerdedo-Cotobade para deseñar este Roteiro Saudable recurreu á colaboración veciñal para establecer os percorridos máis acaídos e que dean resposta a unha serie de parámetros que as fan recomendables para a práctica da actividade física como que sexan circulares, non teñan unha extensión superior aos 4 ou 6 quilómetros e se desenvolvan cunha duración media aproximada duns 45-50 minutos.
As carácterísticas da ruta están perfectamente explicadas a través un panel informativo onde figura a lonxitude, o tempo estimado a invertir no seu percorrido a marcha normal, así como unha serie de recomendacións entre as que están hidratarse antes de comezar, camiñar lentamente durante 5 minutos antes para quentar para despois aumentar o ritmo,
mover os brazos mentras se pasea, facelo erguido, paso longo, cómodo e sen forzar e rematar a camiñata cuns estiramentos suaves.
Segundo o alcalde Jorge Cubela, “o éxito sorprendente da ruta de Almofrei fai que nos animemos a ter canto antes as demais sendas previstas neste ambicioso e pioneiro proxecto que irmanda a natureza co exercizo físico accesible para todo tipo de persoas e condicións”, sinalou o alcalde.
Para coñecer e facer un seguemento dos Roteiros Saudables o Concello de
Cerdedo-Cotobade habilitou un acceso en redes sociais como facebook
(https://www.facebook.com/cotobadecultura) e instagram
(https://www.instagram.com/roteeiros/) e tamén no blog
(http://roteirosemais.blogspot.com/…/ruta-saudable…)




