• O Párroco da vila informou ao Alcalde da suspensión das Procesións e Vía Crucis de Semana Santa.
O Concello da Guarda, despois de ter mantido conversas co párroco da vila, informa á cidadanía que na Semana Santa de 2021 non se realizarán as tradicionais procesións e actividades ao aire libre coma os Vía Crucis debido á situación sanitaria actual.
Trátase dun exercicio de responsabilidade para mitificar os efectos da pandemia e evitar novos contaxios entre a poboación nunhas actividades que, pola súa natureza, conlevan aglomeracións de persoas.
Os actos litúrxicos como as misas ou rosarios, manteranse sempre coas medidas sanitarias vixentes en cada momento.




