O Concello de Baiona informa de que, unha vez pasados os prazos administrativos de exposición pública e para a presentación de alegacións, mañá comeza o prazo de presentación de solicitudes, que serán resoltas por orde de entrada no rexistro do concello.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica hoxe as bases definitivas das axudas polo que todas as persoas interesadas poderán solicitalas a partir de mañá, sábado 5 de xuño, a través da sede electrónica do Concello de Baiona. A parir do luns, día 7 de xuño, poderán realizar deichas solicitudes a través do rexistro xeral de entrada do Concello de Baiona en horario de 09:00 h-13:00 h para o que é necesario solicitar cita previa no teléfono 986356779. O 16 de jullo terminará o prazo para a solicitude destas axudas.
O Concello de Baiona apruebó unha liña de axudas aos sectores da hostalería, restauración e comercio por motivo do COVID-19, cunha contía fixa de 500€.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, sinala que “quixo mostrar o seu apoio aos sectores da hostalería, restauración e comercio con esta proposta firme: A de destinar 100.000 euros do remanente de tesourería en axudas directas á hostalería e ao comercio e a exención das taxas de terrazas do ano 2021, que ascendería a 90.000€. Trátase de acompañar e de apoiar a estes sectores nesta situación complicada, para que a travesía sexa menos difícil, e de adoptar xuntos decisións que permitan dinamizar a economía local, de forma que podamos saír reforzados”, conclúe Gómez Prado.




