Os traballos de mellora do camiño Fonteloureira en Belesar finalizaron. O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, visitaron o final das obras.
No proxecto de mellora do vial levouse a cabo a renovación do firme coa aplicación dunha nova capa de rodadura e o arranxo da base nas zonas máis danadas. Tamén se procedeu á mellora da drenaxe mediante a realización dunha cuneta de formigón que recollerá e canalizará as pluviais. Así mesmo, procedeuse á limpeza das marxes do camiño.
A obra, realizado por Construcións Fechi, supuxo un investimento de 34.970,88 euros e foi financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER) e o Concello de Baiona.
Desde a Concellería de Vías e Obras, Óscar Martínez, sinala que “Este camiño, que une os barrios do Urgal e de Estivada, é moi usado polos peóns e vehículos, xa que dá acceso a diferentes vivendas e leiras agrícolas. Con esta obra #conseguir unha maior comodidade e seguridade dos usuarios”.
Pola súa banda, o alcalde, Carlos Gómez, sinalou que esta actuación únese ás diversas obras que se están levando a cabo nos diferentes barrios e parroquias do Concello de Baiona: “Continuaremos traballando por todas as veciñas e veciños do concello”.




