HomeO MorrazoBueuO concello de Bueu organiza esta semana as Festas de Beluso e...

O concello de Bueu organiza esta semana as Festas de Beluso e Cela

- Anuncio -spot_img

• En ambos eventos están programadas actuacións musicais e outras actividades para público familiar como maxia, cinema, ou inchables e festa da escuma

O Concello de Bueu, a través da concellaría de cultura, organiza esta semana as festas de Beluso e Cela, que contarán cunha programación variada e diversa destinada ao público familiar.

En Beluso, coa colaboración do Principado de Beluso, as festas celebraranse no Parque Joe Novas entre o mércores 14 e o venres 16 de agosto. O mércores ás 22 horas poderase gozar do filme «Elemental» que se proxectará ao aire libre. Ás 00.00 horas actuará o Dúo Cóctel.
Ao día seguinte, a xornada comezará ás 12 horas cun pasarrúas a cargo de Os Liboreiros. Ás 17.30 horas haberá unha festa infantil con inchables, futbolín humano e festa da escuma, e pecharase a xornada coa verbena a cargo de Distrito 7.

O venres rematarán as festas coa actuación ás 22 horas de Laura.

E en colaboración da Asociación da Xuventude de Cela, organizaranse o 18 de agosto as Festas de Cela. Os festexos arrancarán ás 13 horas cos oficios relixiosos coa música do Coro Lestonnac e a procesión coa Banda de Gaitas Manxadoira. Ás 19 horas estará o Mago Noel no Torrecino para deleitar ao público co seu espectáculo «Que curioso!», e rematará a xornada cunha verbena a cargo da orquestra Magos, na que tamén se poderá gozar do tradicional bochinche.

Ademais haberá oficios relixiosos o xoves ás 13 horas na honra de Santa María e procesión do cuarteto Os Palleta Mollada. E o venres, misa na honra de San Roque á mesma hora.

Publicacións Relacionadas