HomePontevedraCaldasO concello de Caldes de Reis adxudica a obra para a dotación de...

O concello de Caldes de Reis adxudica a obra para a dotación de saneamento en Soutelo de abaixo, en Saiar 

- Anuncio -spot_img

A primeira fase da actuación contará cun orzamento de  máis de 270.000 euros e será executada pola empresa  Excavaciones y Construcciones Pérez Portela 

O alcalde, Jacobo Pérez, lembra que a dotación de  servizos básicos no rural caldense é un dos obxectivos  primordiais do Goberno local e que se está a avanzar para  completar esta folla de ruta 

O Concello de Caldas de Reis  continúa a poñer o foco na dotación e ampliación de servizos básicos  no rural. Ademais de impulsar novos proxectos, como o anunciado hai  uns días para os núcleos de Baltar, Faramontáns e a contorna da igrexa  de San Clemente, tamén se está a completar a fase administrativa de  actuacións con cargo ao Plan +Provincia da Deputación de Pontevedra,  correspondente ao exercicio de 2024. Este é o caso da obra de  instalación dunha nova rede de saneamento en Soutelo de Abaixo,  pertencente á parroquia de Saiar. O alcalde, Jacobo Pérez, confirmou  que o proxecto, que foi aprobado polo Concello a principios deste 2025, foi adxudicado á firma especializada Excavaciones y Construcciones  Pérez Portela. 

Foron un total de cinco as empresas que se presentaron ao concurso  de licitación. Finalmente, a obtra contará cun orzamento que ascende a  270.816,88 euros, IVE engadido. Tal e como lembra o rexedor  caldense, estes traballos equivalen a unha primeira fase, que se  ampilará no futuro para seguir extendendo a rede de servizos básicos.  “Estamos a falar dunha zona que abarca moito territorio, pero pouco a  pouco imos avanzando para dotar ao noso rural de prestacións e  infraestruturas de primeiro nivel, que garantan unha boa calidade de  vida para a veciñanza”, sinalou Pérez Gulín. Se non se produce ningún  contratempo, a obra dará comezo nos vindeiros días e será unha  realidade en poucos meses. Hai que lembrar que o Concello de Caldas de Reis tamén vén de  impulsar en Saiar outra obra moi similar, para dotar de canalizacións de  saneamento á contorna do núcleo da Igrexa. No caso de Soutelo de  Abaixo, a empresa adxudicataria procederá a ampliar a rede de  recollida de augas, para que estas sexan tratadas na Estación  Depuradora de Augas Residuais (EDAR).

Publicacións Relacionadas