HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade anticípase á chegada de visitantes coa limpeza a...

O Concello de Cerdedo-Cotobade anticípase á chegada de visitantes coa limpeza a fondo de áreas recreativas e as praias fluviais con augas excelentes

- Anuncio -spot_img

• Cubela adianta os operativos de roza e limpeza nestas zonas ante a previsión de esta campaña as praias fluviais do municipio liderarán o movemento turístico nesta zona da provincia

O Concello de Cerdedo-Cotobade adiante este ano o operativo de roza e limpeza nas áreas recreativas e nos entornos das praias fluvias con augas excelentes co fin de telas en perfecto estado para recibir aos veciños e visitantes que, co inicio da temporada estival,
prevese que se acheguen ata estes lugares buscando un sitio axeitado en contacto coa natureza para disfrutar do lecer.

Así, as análises periódicas ao que son sometidas as augas das praias fluviais do municipio de Cerdedo-Cotobade deron un resultado de “excelentes” para o baño convertendo a oferta turística deste municipio nesa materia como a máis importante da provincia. Así, o operativo municipal centrouse nestes días en poñer en perfecto estado as zonas de baño das praias da Chan (Carballedo), Pozo Negro, Xesteira, Calvelo (Tenorio) e Cabanelas (Viascón).

O Concello non impoñerá aforo en ningún destes espazos debido á imposibilidade de acoutar as áreas de baño, especialmente nos últimos por tratarse de enclaves naturais. Si haberá vixilancia e control na de Cerdedo por parte da concesionaria do quiosco, que actuará en caso dunha concentración excesiva de bañistas.

O Concello ten colocados paneis informativos en cada zona de baño coas normas de prevención do Covid-19 e nelas apélase á responsabilidade cidadá para o seu cumprimento. En caso de detectar comportamentos incívicos, tomaranse as medidas oportunas.

Por outra banda, tamén se acometeros procesos de limpeza e mantemento en profundidade das áreas recreativas reparando bancos, papeleiras e mesmo billas de auga en fontes para que aquelas persoas que desexen xantar ou merendar nestes espazos de convivencia veciñal poidan facelo do mellor xeito posible.

Cubela sinalou que “temos que adiantar este anos os traballos porque confío en que desde o primeiro momento, a xente achegarase ata aquí para disfrutar dos seus momentos de lecer e temos que estar preparados e dar a resposta axeitada desde o punto de vista da imaxe e do servizos que ofrece o concello de Cerdedo-Cotobade primeiro aos seus veciños e tamén aos numerosos visitantes que se prevé que este ano se acheguen ata aquí a pasar os seus momentos de lecer estival”, indicou o alcalde.

“Todas as nosas praias, as cinco, teñen unhas augas “excelentes” para o baño e queremos tamén que o entorno estea en perfectas condicións para que a xente que veña poida disfrutar con tranquilidade e seguridade, destas instalacións, eso si, dun xeito cívico e responsable mantendo as medidas preventivas que en cada momento estipulen as autoridades sanitarias”, concluíu Jorge Cubela.

Publicacións Relacionadas