HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade axudará con 35.000 euros de fondos propios á...

O Concello de Cerdedo-Cotobade axudará con 35.000 euros de fondos propios á hostalería do municipio

- Anuncio -spot_img

• Cubela: “Son momentos nos que hai que ser solidarios e pasar das palabras aos feitos concretos porque hai moitas familias no municipio de Cerdedo-Cotobade que o están pasando moi mal”
O Concello de Cerdedo-Cotobade aportará uns 35.000 euros de fondos propios ao 2º Plan de Rescate posto en marcha pola Xunta de Galicia para os hostaleiros e os autónomos do municipio, segundo anunciou o alcalde Jorge Cubela quen cifrou nuns 1.000 euros por establecemento o aporte municipal que se sumará aos cartos que recibirán cada un deles pola administración autonómica por estas axudas.
Cubela confirmou que o Concello de Cerdedo-Cotobade fará un esforzo orzamentario extraordinario porque “on momentos nos que hai que ser solidarios e pasar das palabras aos feitos concretos porque hai moitas familias no municipio de Cerdedo-Cotobade que o están pasando moi mal e precisan da nosa axuda xa”, manifestou o alcalde.
AXUDA SOLIDARIA PARA 35 ESTABLECEMENTOS DO MUNICIPIO
O alcalde cifrou en 35 o número definitivo de establecementos hostaleiros que solicitaron e recibirán a axuda deste segundo plan de rescate no que o Concello vai a contribuir con 1.000 euros por cada un deles o que fai que a axuda solidaria de Cerdedo-Cotobade cos seus veciños sexa de 35.000 euros que se unirán aos cartos que, pola súa banda, aporte a Xunta de Concello de Cerdedo-Cotobade Galicia a estes afectados polas consecuencias económicas da pandemia da Covid-19.
PAGARASE EN SEMANAS TRAS ASINAR UN COVENIO XUNTO-CONCELLO
Para facer efectivas estas axudas o Concello de Cerdedo-Cotobade e a Xunta de Galicia asinarán un convenio en breve que permitirá que nas vindeiras semanas os 35 establecementos de hostalería do municipio comecen a recibir xa as axudas económicas tanto do Concello como da propia administración autonómica dun xeito directo e sinxelo.
Segundo Jorge Cubela, “tomamos esta decisión de unir esforzos e recursos para que os nosos hostaleiros e autónomos non teñan que peregrinar de ventanilla en ventanilla e facer farragosos trámites administrativos para acceder ás axudas. Así, cunha administración única acúrtanse prazos e faise menos papeleo. A xente quere solucións e non que a mareen de
ventanilla en ventanilla para cobrar as axudas ás que teñen dereito”.
Cubela sinalou que “o aporte de 35.000 euros de fondos propios do Concello de Cerdedo-Cotobade supoñen un esforzo importante para as arcas municipais, pero somos conscientes de que hai que facelo. É máis que un xesto, é un exemplo de solidariedade colectiva de toda a veciñanza coa hostalería, a principal afectada polas consecuencias económicas da pandemia”.
Finalmente, en clara referencia á Deputación de Pontevedra, dixo que “fumos rápidos e dilixentes en atopar unha solución eficaz e efectiva mentras outras administracións que teñen remanentes moi substanciosos, uns 20 millóns de euros, enrédanse coa súa estreitez de miras en palabrerías para entorpecer e retrasar ao máximo unha medida solidaria
da que non se pode nin se debe sacar rédito político algún cunha postura insostible e indefendible que, ao final, no que se traduce é en máis papeleo e nun reparto desigual de frangullas que non satisface a ninguén”.

Publicacións Relacionadas