HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade convoca unha concentración de repulsa contra a decisión...

O Concello de Cerdedo-Cotobade convoca unha concentración de repulsa contra a decisión de Abanca de pechar 15 sucursais na provincia, entre elas a de Carballedo

- Anuncio -spot_img

• Cubela solicita o apoio dos seus veciños ás xestións realizadas e a esta mobilización fronte a abandono do rural que a entidade bancaria está levando a cabo en toda Galicia co peche de oficinas

O Concello de Cerdedo-Cotobade convoca para este xoves, 15 de xullo ás 20 horas, unha concentración de repulsa contra a decisión da dirección de Abanca de pechar 15 das súas oficinas na provincia de Pontevedra, entre elas as de Soutelo de Montes (Forcarei), Seixo (Marín), Vilaxoán e Carril (Vilagarcía) e Carballedo.

Esta convocatoria prodúcese despois dun acordo unánime de todos os membros da Corporación Municipal expresada no último Pleno e despois de que o alcalde, Jorge Cubela, se reunira con comerciantes e autónomos e analizaran a situación e os perxuizos que esta decisión suporía o normal desenrolo das súas actividades e para a súa operativa financeira.

Desde o primeiro momento en que Cubela tivo noticias desta pésima decisión que afectaría a 15 oficinas na provincia, o alcalde se puxo en contacto coa dirección de Abanca, incluído Juan Carlos Escotet, presidente da entidade crediticia, enviándolle sendas cartas de protesta facendo un chamamento a que reconsideraran esa decisión sin obter o resultado esperado polo que non queda outra vía para expresar este rexeitamento que a da mobilización veciñal.

O alcalde, Jorge Cubela, que mantén continuamente informados os veciños sobre o desenrolo dos acontecementos, enviou tamén unha carta á veciñanza na que lle solicita o seu apoio ás xestións que leva realizado e pide ao pobo que se mobilice ante unha decisión que considera “inxustificada, absurda e arbitraria e que vulnera calquera principio de reciprocidade e compromiso co país. Cando naceu Abanca pedíronnos a nosa confianza e o noso apoio para que os comerciantes, autónomos e aforradores non retiráramos os nosos cartos da nova entidade que nacía.

Agora, que xa ten beneficios dabondo, resulta que emprenden unha política de replegamento de oficinas en todo o rural de Galicia. Non é de recibo e faltan ao compromiso moral, ético e mesmo social que se lle presupón a unha entidade destas características”, sinalou o rexedor.

APERTURA DE CONTACTOS CON OUTRA ENTIDADES FINANCEIRAS
Por outra banda, de persistir a decisión de peche da oficina de Abanca en Carballedo, o alcalde, que neste tema está comisionado por acordo plenario da Corporación Municipal, manterá contactos con outras entidades finaceiras coa intención de que se poida cubri o oco que deixa baleiro o banco galego-venezolano e emprenderá un proceso de migración das súas contas fóra de Abanca.

Esta decisión non se descarta que poida ser secundada do mesmo xeito por comerciantes, autónomos e mesmo aforradores que nos últimos días expresaron ao alcalde a súa sensación de seren traizoados por Abanca polo que lle manifestaron o seu apoio e desexo de acompañalo nun hipotético proceso de migración de contas cara outra entidade.

Publicacións Relacionadas