HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade remata cos traballos de mellora de accesibilidade no...

O Concello de Cerdedo-Cotobade remata cos traballos de mellora de accesibilidade no entorno da praia da Xesteira, na parroquia de Almofrei

- Anuncio -spot_img

• Cubela agradeceu a cesión de terreos por parte dunha familia que permite aos usuarios achegarse en mellores condicións a este enclave moi visitado por turistas e veciños en épocal estival

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de rematar os derradeiros flecos que quedaban para mellorar a funcionalidade e accesibilidade da praia fluvial da Xesteira, na parroquia de Almofrei, unha das zonas de baño con auga de cualificación “excelente” coas que conta este municipio.

Os traballos levados a cabo polo Concello consistiron básicamente na limpeza integral da praia fluvial e o acondicionamento dos accesos existentes que se viron ampliados grazas á colaboración do veciño Francisco Villanueva Graña e a súa familia coa cesión dun terreo o que permitirá un mellor achegamento dos usuarios a esta zona de lecer.

Aproveitando esta intevención en profundidade, o Concello de CerdedoCotobade acometeu tamén a reparación da fonte existentes así como do seu caudal que se vira moi afectado polo paso do tempo e un proceso natural de entullo que diminuiu a súa capacidade de subministro de auga.

Ademais, o Concello realizou un replanteo total do terreo e do entorno da praia fluvial da Xesteira para favorecer a súa accesibilidade sobre todo a persoas con problemas de mobilidade que ante a acción das choivas do inverno e o propio desgaste provocado polas augas que discurren por debaixo do terreo foron erosionando e transformando a orografía da zona e transfomándoa nun lugar incómodo para andar. Así, elimináronse socavóns, zonas de paso perigosa e se procedeu a un achandamento do terreo.

Outras reparacións que acometeu o Concello na praia fluvial da Xesteira foi a repración do valado metálico que rodea a zona de baño e a instalación doutro de seguridade na ponte ademais de proceder a un achandamento total da zona areosa e a correción correspondente do perímetro da praia para gañar espazo de lecer e tamén para os bañistas.

O alcalde, Jorge Cubela, manifestou que “a praia fluvial da Xesteira forma parte do noso atractivo turístico cunha augas excelentes para o baño e un entorno privilexiado que vén a completar a gran oferta turística en lugares de lecer e esparcimento para veciños e visitantes. Esta intervención era un tema que tiñamos previsto acometer e que agora, coa mellora do tempo, se pudo completar para que estea en perfectas condicións para o baño agora que se prevé que cheguen as altas temperaturas e se inicie o verán de verdade. Quero agradecer a Francisco Villanueva e a súa familia a súa colaboración coa veciñanza a través da cesión deses terreos que nos permiten agora ter un mellor acceso a esta praia e que vai redundar no beneficio de todos”, indicou o rexedor.

Publicacións Relacionadas