HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade saca a licitación pública o acondicionamento paisaxístico do...

O Concello de Cerdedo-Cotobade saca a licitación pública o acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos da Carballeira de San Xusto no que se investirán casi 300.000 euros

- Anuncio -spot_img

• As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 10 de outubro e deberán de facelo a través de sede electrónica

O Concello de Cerdedo-Cotobade acaba de abrir o prazo para a licitación pública do acondicionamento paisaxístico do entorno e accesos da Carballeira de San Xusto no que se investirán casi 300.000 euros. As empresas interesadas en participar na licitación terán ata o 10 de outubro de 2022 como prazo máximo para presentar as súas ofertas en sede electrónica.

O prezo de licitación do contrato fíxase en 296.195,46 euros (244.789,64 sen impostos) e a empresa adxudicataria deberá depositar unha fianza do 5% durante un ano. A apertura do sobre coa oferta económica farase o 11 de outubro ás 9:30 horas da mañá nas oficinas municipais do Concello de CerdedoCotobade.

Estas obras de acondicionamento paisaxístico do entorno e acceso da Carballeira de San Xusto están incluídas dentro do Pacto pola Paisaxe, primeiro que se asina en Galicia e que ten como protagonistas ás zonas próximas aos meandros do río Lérez.

Do total do custe das obras, a Xunta asume o 70% mentras que o Concello de Cerdedo Cotobade farase cargo de aportar o outro 30% restante co fin de que se poida levar a cabo do mellor maneira posible esta actuación que mellorará substancialmente o uso e a seguridade na zona ao tempo que se recupera o concepto de unidade que sempre tivo e volverá a ter.

Segundo manifestou Jorge Cubela, esta actuación enmárcase dentro dun ambicioso proxecto medioambiental que pretende converter este entorno nun punto de atracción turística no que converxen a beleza dos meandros do río Lérez, os Baños do San Xusto, a capela, a Carballeira e as distintas estacións de arte rupestre compostas polos petróglifos.

A actuación levarase a cabo en terreos de propiedade municipal e pretende suavizar o impacto da estrada e do pavimento sobre o entorno natural favorecendo os accesos a todo este espazo de uso e convivencia veciñal e familiar dun xeito continuo e seguro. “Queremos dignificar a entrada e facer un espazo continuo recuperar a unidade que representaba a fonte, a capela e a propia carballeira ao tempo que facemos un merendeiro, miradoiros sobre os meandros do río Lérez ao tempo que reinterpretamos todo de novo coa colocación dun adoquinado e pedra que lle dará unha continuidade da que agora adolece”, indicou Cubela.

ENQUISA VECIÑAL SATISFACTORIA SOBRE A MELLORA DA ZONA
O alcalde agradeceu tamén a implicación activa dos veciños da parroquia no modelo a desenrolar para esta zona de especial interese para a veciñanza “xa que se remitiu unha enquisa e máis de medio cento de casas aportaron o seu punto de vista, todos positivos e conformes co que se está facendo”, sinalou o rexedor.

A obra a acometer será totalmente respectuosa co entorno e co concepto definitorio do lugar así incorporaranse novas árbores que serán frondosas autóctonas, levaranse a cabo labores de roza para despexar a vista de especie invasoras e pirófitas e se acometerá a realización dun pequeño murete de pedra arredor da capela que servirá tamén de banco para uso da xente.

Cubela salientou tamén a importancia de incorporar un merendeiro e miradoiros para poder contemplar os meandros do río Lérez así como a dotación de iluminación led acorde co patrimonio así como a instalación de mesas e bancos .

Publicacións Relacionadas