HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello de Cerdedo-Cotobade somete a exposición pública a rectificación definitiva do...

O Concello de Cerdedo-Cotobade somete a exposición pública a rectificación definitiva do inventario de bens e dereitos municipais

- Anuncio -spot_img

• O importe das altas e variacións patrimoniais producidas ascende a un total de 4.621.373,31 euros e fan referencia á incoporación de bens mobles, camiños e bens inmobles

O Concello de Cerdedo-Cotobade somete a exposición pública nas sedes de Carballedo e Cerdedo a rectificación do inventario municipal de bens e dereitos pertencentes ao Concello, aprobado en sesión plenaria por unanimidade dos membros da Corporación.

O importe das altas e variacións patrimoniais producidas ascende a un total de 4.621.373,31 euros e fan referencia á incoporación de bens mobles, camiños e bens inmobles.

Este expendiente estará exposto ao público durante un espazo de tempo de 20 días hábiles no taboleiro de edictos do Concello e no Boletín Oficial da Provincia (BOP) para que, no seu caso, sexan presentadas alegacións ou reclamacións. No caso de que non se presenten ningunha, entenderase elevada a definitiva a rectificación do inventario.

Os documentos estará á disposición do público na sede do Concello en Carballedo e tamén en Cerdedo en horario de 9 a 14 horas e de luns a venres para que poidan ser examinados de xeito eshaustivo por calquera veciño que así o precise e poida presentar, si o desexa, algunha alegación ou reclamación e o considera convinte.

Publicacións Relacionadas