HomePontevedraA ParadantaO Concello de Covelo abre a inscrición para a Escola de Verán

O Concello de Covelo abre a inscrición para a Escola de Verán

- Anuncio -spot_img

A Escola de Verán desenvolverase en horario de 08.00-14.00 horas, de luns a venres, dende o día 3 ó 31 de xullo de 2024

O Concello de Covelo informa que dende hoxe día 10 ata o vindeiro día 21 de maio estará aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán que organiza o Concello da man do programa Corresponsables do Ministerio de Igualdade do estado español e da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia. A Escola de Verán desenvolverase en horario de 08.00-14.00 horas, de luns a venres, dende o día 3 ó 31 de xullo de 2024

Co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral, a Escola de Verán abre as súas portas a nenas e nenos de 3 a 13 anos. Para obter máis información deberán contactar no número de teléfon 986 65 00 27, extensión 3 ou no correo electrónico servizossociais.covelo@fegamp.gal. As bases pódense consultar na páxina web do concello https://www.concellodecovelo.es/archivos_editor/file/20240509_Outros_DECRETO APROBACIÓN BASES ESCOLA DE VERAN 2024.pdf

O vindeiro 24 de maio o Concello procederá a publicar a listaxe de nenas e nenos admitidos e o pagamento deberá formalizarse entre o 31 de maio e o 7 de xuño. O prezo para as persoas empadroadas será de 20 euros e para non empadroadas de 40€.

Publicacións Relacionadas