HomeVigoMosO Concello de Mos inicia o plan de limpeza estival das zonas...

O Concello de Mos inicia o plan de limpeza estival das zonas urbanas.

- Anuncio -spot_img

A Avenida de Sanguiñeda é o primeiro dos lugares nos que se procederá á limpeza de beirarrúas, mellora de mobiliario urbano e pintado do pavimento


A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, visitou xunto a concelleira de Medio ambiente, mantemento de zonas urbanas parques e xardíns, Laura Méndez, e o concelleiro de Urbanismo, José Ramilo, visitou a Avenida de Sanguiñeda para supervisar o plan de limpeza estival das zonas urbanas do Concello.

Nesta liña de actuación, ponse en marcha tamén o acondicionamento e remodelación de varias zonas do Concello, sendo Sanguiñeda o primeiro dos lugares nos que se procederá á limpeza de beirarrúas, mellora de mobiliario urbano e pintado do pavimento, onde ademais da limpeza con hidrolimpadora ou disco das beirarrúas, prevense tamén medidas de mellora nas mesmas ou no mobiliario urbano ata a zona do CEIP Mestre Valverde Mayo.

O servizo de limpeza e acondicionamento tamén se efectuará nas prazas do Pazo de Mos e do Concello, na zona peonil de Torroso, nas beirarrúas do Pavillón Óscar Pereiro, na entrada do Multiusos, nos cemiterios municipais de Mos e Torroso e nas beirarrúas de Cantín.

Servizo de roza

Pola súa banda, o servizo de limpeza especial para roza-las herbas en beirarrúas, servizo que non está incluído no servizo de limpeza viaria do Concello, actuará tamén na zona de Tameiga, nas beirarrúas de acceso á urbanización de San Eleuterio, na Estrada da Vía en nas novas beirarrúas do entorno do campo de fútbol. En Pereiras está prevista a súa actuación nas novas beirarrúas do Adro Vello e, en Petelos, dende Porteliña ata a Capela de San Amaro e ata o Multiusos-Pavillón Óscar Pereiro.

No entorno de Cela, traballarase dende o Colexio O Castro British International School ata a Igrexa de Cela, nas beirarrúas ata San Cosme e no entorno da Capela. En Guizán, procederase a una nova humanización na Estrada Louriño; e en Santiaguiño, no entorno do Camiño de Santiago. Xa en Torroso, trabállase nas beirarrúas da urbanización da estrada de As Baloutas, no entorno da Igrexa de San Mamede, nas beirarrúas de ASODIFISI e na entrada do cemiterio Municipal.

Publicacións Relacionadas