O orzamento base da licitación é de 373.708 € e o obxectivo da obra é extender o uso sociocultural do novo edificio aos 2.958 m² espazo exterior co obxectivo de outorgarlle novos usos
O proxecto contempla un graderío integrado na actual zona verde, unha fonte lúdica que funcione tamén como escenario, novos itinerarios peonís, elementos de xogo infantil adaptados á orografía , unha calistenia ou un recuncho para ‘book-crossing’
“O obxectivo é que a veciñanza redescrubra esta gran praza ata agora totalmente infrautilizada e que o novo deseño forme unha simbiose perfecta coa Biblioteca e os seus usos”, explica o alcalde, Juan González
O Concello de Nigrán abre ata o 19 de marzo inclusive o prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas para a remodelación da praza da Biblioteca, cun orzamento base de 373.708 € a cargo do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra. O obxectivo destas obras, cun prazo de execución de 7 meses, é extender o uso sociocultural a este gran espazo público de 2.958 m2 totalmente infrautilizado e coa superficie en moi mal estado. O proxecto está firmado polos mesmos arquitectos da premiada Biblioteca de Nigrán, Estudio Gándara#Pons, co obxectivo precisamente de darlle continuidade e homoxeneidade ao deseño e complemetarse ambos lugares nos seus usos.
“A praza da Biblioteca, pese a ser moi grande e estar en pleno núcleo urbano de Nigrán, é prácticamente descoñecida para a veciñanza porque non resultan visibles o seus accesos e, tal e como está conformada, non invita a pasar o tempo de lecer alí, así que o que pretendemos é revitalizala e recuperala cunha intervención sinxela para facilitar usos socioculturais e dos propios negocios que acolle e que resulte un lugar amable, 100 % accesible e que dé resposta ás necesidade das crianzas”, explica o alcalde, Juan González. “O obxectivo final é que a veciñanza redescrubra esta gran praza, darlle unha nova vida e que co novo deseño forme unha simbiose perfecta coa Biblioteca e os seus usos”, conclúe.
A intervención comprende un redeseño dos itinearios peonís e a ubicación dun graderío inserto no actual manto vexetal da zona noroeste aproveitando o salto de cota (ao carón da Biblioteca). Esta nova bancada lonxitudinal estará orientada cara un espazo central na praza que será unha fonte lúdica con 9 chorros para o xogo infantil pero que, ao mesmo tempo, se adaptará perfectamente como escenario natural ao aire libre para posibles actuacións ou contacontos. Paralelamente, e tamén aproveitando o forte desnivel, instalarase un tobogán de aceiro inoxidable ao lado das novas gradas. Co fin de complementar o equipamento para os máis pequenos tamén se prevé no lateral este 3 camas elásticas enrasadas coa superficie e un área de rectangular de montículos de caucho. Ademáis, a remodelación inclúe unha calistenia para facer exercicio físico ou un recuncho especial para o ‘book-crossing’.
Coa remodelación búscase abrir visualmente a praza á cidadanía e integrala coa Biblioteca, polo que se plantexa pavimentar en pedra o acceso desde Estrada pola Vía, tal e como está actualmente circundando o edificio, e no eixo central proxéctase chan de formigón pulido con franxas de céspede. A actual escalera que baixa á praza se modificará por unha de maiores dimensións que continúe co itineario peonil. Para rematar a actuación neste sentido de outorgarlle maior accesibilidade, rediseñarase a rampla noreste e farase a beirarrúa máis ampla. Ademais, outra parte da superficie será repavimentada con placas de formigón e zonas de adoquín intercalando céspede, para crear así espazos diferenciados e reducir a sensación de “aridez” fronte a un lugar máis amable.
Finalmente, renovaranse os colectores de pluviais deteriorados, todo o mobiliario urbano (papeleiras, bancos e aparca-bicis), outorgaráselle iluminación ornamental ás novas zonas e aumentarase a vexetación complementándose con novas especies de pequeno porte e plantas tapizantes.
“Queremos que os usuarios da biblioteca teñan aquí o lugar idóneo para sentarse a ler un libro ou facer un descanso no estudo, pero que tamén poida ser un lugar perfecto para organizar un contacontos ao aire libre ou vir en familia a tomar un café ou para xogar os nenos”, explican os arquitectos Juan Pons e Lucas Gándara.




