HomeVigoNigránO concello de Nigrán abre o prazo a entidades municipais para solicitar...

O concello de Nigrán abre o prazo a entidades municipais para solicitar as axudas a actividades festeiras ou de fomento do asociacionismo

- Anuncio -spot_img

O Concello de Nigrán abre desde mañá 25 de xullo e durante 15 días hábiles o prazo de solicitude de subvencións a entidades do municipio que leven adiante actividades de fomento do asociacionismo ou festeiras. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou hoxe as bases que rexen devandita convocatoria (están penduradas tamén na sede electrónica do Concello). A partida orzamentaria destinada desde o Concello a este fin concreto mantense en 10.000 € para o primeiro caso e 37.500 € para o segundo, podendo cada entidade optar a un máximo total de 4.750 € (1.250 € e 3.500 € respectivamente). Como sempre, as beneficiarias deben estar inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Nigrán.

“O obxectivo é apoiar ás entidades que durante todo o ano promoven unha vida social máis activa e feliz e que contribúen a fortalecer os lazos entre a veciñanza”, explica o alcalde, Juan González, quen louva o seu “traballo desinteresado”.

Publicacións Relacionadas