Forma parte das actividades paralelas do festival ‘Vive Nigrán’ e resérvanse dez prazas para persoas sen entrada ao mesmo mediante solicitude a oficinaturismo@nigran.org
O Concello de Nigrán e o festival Vive Nigrán arrancan este mércores 14 de xullo coas actividades paralelas ao festival cun roteiro guiado por Monteferro con saída ás 19:00 desde o Monumento á Mariña Universal. Este é para persoas con entrada ao festival pero tamén se reservan dez prazas para persoas que non dispoñan das mesmas e se inscriban en oficinaturismo@nigran.org indicando os datos dos participantes (nome, apelidos e teléfono), sendo este martes 13 de xullo ás 14:00 horas a data límite para inscribirse. Adicionalmente, o Concello de Nigrán ofrecerá diferentes roteiros todos os mércores de xullo en horario matinal e vespertino alternativamente cada semana.




