O Concello de Nigrán adía finalmente a observación astronómica prevista para este sábado 27 de setembro ás 21:15 horas ante a previsión de ceos cubertos. A nova data será anunciada proximamente. A actividade forma parte das diferentes sesións da Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste na busca da certificación de Destino Starlight
Galicia Suroeste está a traballar para certificarse como destino Starlight, seguindo a folla de ruta establecida no seu Plan Estratéxico e no Plan de Sustentabilidade Turístico en Destino, un distintivo que agarda obter este mesmo ano.




