HomeVigoNigránO Concello de Nigrán creará unha área de servizo gratuita para caravanas...

O Concello de Nigrán creará unha área de servizo gratuita para caravanas en Porto do Molle única na comarca

- Anuncio -spot_img

Aproveitando o aparcadoiro existente, habilitaranse dúas prazas como puntos de vaciado de augas negras e grises. Precisamente, esta zona será o punto de saída do bus de praia neste verán.

O lugar elixiuse atendendo á máxima comodidade do usuario, aquí poden vacias as augas, aparcar tranquilamente á sombra mentras van a praia ou realizan compras a un paso”, sinala o rexedor, Juan González

O Concello de Nigrán disporá neste verán dunha área de servizo público para caravanas en Porto do Molle única na comarca. Deste xeito, aproveitando o aparcadoiro ubicado entre a rúa Xial e Barreira (a escasos metros do Centro Comercial Nasas, na rúa da futura residencia de maiores e o skatepark) substituiranse dúas prazas por puntos de vaciado de augas negras (procedentes do inodoro) e grises (procedentes da ducha ou do fregadeiro). O obxectivo é facilitar este servizo básico para os caravanistas dun xeito gratuíto e nunha ubicación estratéxica, ao carón dun centro comercial e nun aparcadoiro habitualmente vacío que será, precisamente, o punto de saída do Nigranbus de praia este verán.

“O turismo de caravanas é un turismo que medrou exponencialmente e que non podemos obviar, desde o Concello estamos interesados en atraelo dun xeito medioambientalmente sostible e responsable e ofrecendo unha atención de calidade que nos sitúe como destino preferente”, explica o alcalde, Juan González, en referencia tamén á importancia de vaciar estas augas en puntos debidamente autorizados para o seu correcto tratamente. “O lugar elixiuse atendendo á máxima comodidade do usuario, aquí poden vacias as augas, aparcar tranquilamente á sombra mentras van a praia ou realizan compras a un paso”, engade o rexedor sobre esta ubicación ao carón do paseo polo río Muíños, que desemboca en Praia América, a escasa distancia.

Ante o auxe deste turismo a raíz da Covid-19, o Concello de Nigrán regulou no ano 2020 o aparcamento de caravanas a pé de praia, destinando 30 prazas para uso exclusivo deste tipo de vehículos en cinco zonas (dúas áreas en Praia América, unha en Panxón, unha en Patos e outra en Cansadoura). Así, as caravanas non poden aparcar fóra das zonas sinalizadas para elas entre as 10:00 a 21:00 horas. Esta especial regulación afecta só as bolsas en primeira liña de praia, “fóra destas zonas poden aparcar libremente nos mesmos lugares en que se lles permite aos coches, polo que esta área de servizo é ideal para ellas, xa que durante o verán as bolsas para elas a pé de praia soen estar ocupadas”, explica.

Publicacións Relacionadas