HomeVigoNigránO concello de Nigrán ofrece o xoves e venres sendas Festas Infantís...

O concello de Nigrán ofrece o xoves e venres sendas Festas Infantís de Samaín

- Anuncio -spot_img

O xoves 31 o Auditorio Municipal acollerá un obradoiro de luz e sombras para a cativada a cargo de MilRamas e para o que é preciso inscribirse previamente e o venres o Rey Midas ofrecerá unha festa de disfraces e ‘neon party’

O Concello de Nigrán continúa este xoves 31 de outubro e o venres 1 de novembro coa programación especial de Samaín con sendas festas dirixidas á infancia no Auditorio Municipal. Así, o Concello ofrece o 31 a través da cooperativa ‘MilRamas’ un obradoiro de luces e sombras con cinco recunchos diferentes de xogo libre e desestructurado empregando materiais luminosos e luminiscentes, teas, disfraces e aparellos de creación propia nas que as bruxas, os pantasmas e os zombies forman parte da festa. Está dirixido a crianzas a partir de 3 anos, debendo acudir acompañados na franxa de idade de 3 a 5 anos. Este obradoiro comezará ás 17:00 e dividirase en tres pases de 50 minutos, polo que é preciso inscribirse previamente a través de whatsapp no 617922820 indicando nome completo, idade e quenda á que asistirá (primeira, segunda ou terceira). Finalmente, o Rei Midas pechará o Samaín nigranés o venres 1 de novembro ás 17:30 horas co espectáculo ‘Museo Máxico e festa neón party’ no Auditorio Municipal con entrada libre ata completar aforo. Na festa realizará un espectáculo de maxia e as crianzas poderán xogar con material lumínico.

Publicacións Relacionadas