HomeVigoNigránO concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal...

O concello de Nigrán realiza este domingo unha reforestación no parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ da man de ‘Plantalo’ e ‘La isla de Tali’’

- Anuncio -spot_img

Desenvolverase na zona das Rozadas (Chandebrito) desde as 10:00 horas e os voluntarios deben inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org

A organización Plantalo.org, que ten plantando máis de 180.000 árbores nos últimos 11 anos, despois de terminar unha reforestación no Amazonas, chega a Galicia cunha nova xornada de voluntariado aberta a todos os públicos este 16 de febreiro en Nigrán. Esta desenvolverase no parque forestal ‘Os Matos-Río Táboas’ en colaboración co Concello de Nigrán e a organización ‘La isla de Tali’. O voluntariado que desexe unirse debe inscribirse previamente no mail hola@plantalo.org e presentarse ás 10:00 horas na zona de As Rozadas (Chandebrito).

Esta acción enmárcase dentro do convenio de colaboración entre Plantalo.org e o Concello de Nigrán, cuxo obxectivo é a plantación de 10.000 árbores en toda Galicia para promover a reforestación e a recuperación de espazos naturais. A labor de Plantalo.org na zona non é nova. En outubro de 2024, a organización levou a cabo unha xornada de limpeza en Praia América e o río Miñor xunto á Isla de Tali, como parte da súa Xira Nacional de Limpezas de Praias, unha iniciativa que percorreu diversas costas do país para eliminar residuos e concienciar sobre a protección dos ecosistemas mariños.

Álvaro Cuadrado, fundador de Plantalo.org, destaca a importancia destas accións: “Cada árbore que plantamos e cada praia que limpamos representa un paso cara a un planeta máis saudable. Queremos que esta reforestación teña un impacto positivo tanto na biodiversidade como na comunidade.”

Publicacións Relacionadas