A compañía Tiruleque Teatro cancelou a súa obra do sábado 12 de outubro por causas de forza maior
O Concello de Nigrán continúa o sábado 19 de outubro o ‘Outono de Teatro’ con ‘Os veciños do lado’ de Fauna 113 e cancela a representación prevista para este sábado 12 de outubro con Tiruleque, compañía que suspendeu todas as súas representacións por causas de forza maior. O outono de teatro, froito do convenio asinado polo Concello coa Federación Galega de Teatro Amador de Galicia (FEGATEA), desenvolverase ata o 2 de novembro con obras con entrada de balde os sábados ás 20:00 horas no Auditorio Municipal.




