HomeVigoNigránO Concello de Nigrán vese na obriga de renunciar á construción dun...

O Concello de Nigrán vese na obriga de renunciar á construción dun campo de fútbol 7 en terreos do Centro Cultural A Camoesa

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Pontevedra muda os criterios de concesión esixindo en lugar dunha cesión temporal da parcela unha permanente, circunstancia que a Comunidade de Montes (a titular) rexeitou

Era unha petición veciñal que queríamos cumprir pero a Deputación do PP cambiou as regras do xogo e o presidente de Montes e edil a súa vez do PP, Ángel Casal, comunicou xa oficialmente que non acepta esta novidade que se comprometera a resolver en Pontevedra”, lamenta o alcalde, Juan González, queo o acusa de malinformar aos comuneiros dicindo que era cuestión do Concello e que implicaba a toda a parcela

O Concello reasignará o orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ a outra inversión

O Concello de Nigrán vese na obriga de renunciar á construción dun campo de fútbol 7 na parcela onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa tras mudar a Deputación os criterios do ‘Plan + Provincia’ e malinformar o presidente da Comunidade de Montes. A vella demanda da asociación de veciños da parroquia non poderá cumprirse unha vez que a propia Comunidade de Montes, titular dos terreos, rexeitase a novidade imposta desde o ente provincial de que a cesión ao consistorio fose permanente e non temporal (cinguíndose estrictamente ao terreo que ocuparía a instalación, como sempre se contemplou). O Concello de Nigrán contaba xa co proxecto aprobado e un orzamento de 287.646 € a cargo do ‘Plan + Provincia’ da Deputación de Pontevedra, polo que estaba a piques de licitar as obras, pero este cambio obriga a dar marcha atrás e a reasignar os cartos a outro fin. Dentro deste mesmo paquete o Concello incluíu a rúa Mariñeiro de Panxón por 512.724 €, cuestión que segue adiante.

“Era unha petición veciñal que queríamos cumprir pero a Deputación do PP cambiou as regras do xogo e o presidente de Montes e edil a súa vez do PP, Ángel Casal, comunicou xa oficialmente que non acepta esta novidade que el mesmo se comprometera a resolver en Pontevedra”, lamenta o alcalde, Juan González. “O resultado da suma da nova Deputación do PP e o novo presidente da Comunidade de Montes dá como resultado 0 investimento para o campo de fútbol 7 de Camos. Hai este cambio de criterio e sorpréndenos a inacción e neglixencia de Ángel Casal, que aínda por riba mal informou aos comuneiros dicindo que era o Concello quen esixía que a cesión fose permanente e que era de absolutamente toda a parcela, incluíndo o Centro Cultural, algo que non ten nin pes nin cabeza. Non me sorprende que se votase en contra a esa barbaridade”, engade.

A propia veciñanza demandaba esta infraestrutura punteira nesta localización para que a rapazada puidese practicar deporte. “Veciños e Concello coincidíamos en que este era o mellor sitio posible polas súas condicións topográficas e, sobre todo, por ser un centro de reunión xa establecido, por iso a Comunidade de Montes que nese intre presidía Gerardo Ferreira cedera os terreos”, explica o alcalde, Juan González, sobre esta superficie ao carón do Centro Cultural (rúa dos Pazos, 121) e onde xa existía un campo de fútbol 11 en condicións impracticables desde hai anos.

Así, o proxecto consistía en empregar ese antigo terreo para habilitar coa mesma orientación, e no seu estremo Este, un novo campo de fútbol 7 de 50×30 metros acorde na súa totalidade coa normativa NIDE do Consejo Superior de Deportes, polo que sería homologado. O terreo de xogo sería de céspede sintético de última xeración, de 60 mm de espesor, e co mesmo pavimento dispuña de bandas exteriores de 1,5 metros e lonxitudinais de 2,5 metros. Esta ubicación do campo de fútbol permitía que o espazo de xogo de bolos se mantivese na mesma ubicación sen ningún tipo de afección, así coma a pista deportiva valada e o parque infantil (a parcela total onde se ubica o Centro Cultural A Camoesa é de 12.504 m² e a superficie de actuación aproximada non supera os 3.000 m² ). Ademais, a instalación ía ser iluminada mediante 8 grandes focos de tecnoloxía LED en aras da mellora da eficiencia enerxética.

“O campo de fútbol 7 complementaría as instalacións existentes, polo que este lugar ía a ser un polo de atracción tamén para a mocidade da parroquia, un espazo realmente interxeracional, pero se non se acepta o novo criterio da Deputación non podemos facer nada, non sei se o seu presidente valorou ben a situación”, resume o alcalde.

Publicacións Relacionadas