HomeVigoPazos de BorbénO concello de Pazos de Borbén edita un libro de Os Bolechas...

O concello de Pazos de Borbén edita un libro de Os Bolechas enfocado na igualdade

- Anuncio -spot_img
  • A publicación regalarase a todos os escolares do municipio de infantil e primaria
    O Concello de Pazos de Borbén acaba de presentar un novo libro da coñecida saga de Os Bolechas titulado “en Pazos de Borbén somos iguais”. Unha historia educativa orientada aos escolares de infantil e primaria na que se transmiten conceptos básicos sobre igualdade e diversidade dunha forma amena e adaptada á súa idade.
    Neste novo capítulo dos populares debuxos de Pepe Carreiro, os protagonistas aproveitan unha visita a Pazos de Borbén para aprender que cousas como os xoguetes, as tarefas, os gustos e os sentimentos non teñen xénero e que nada diferencia a homes e mulleres nese sentido.
    A edil de Servizos Sociais, Eloisa Nogueira, destacou que esta publicación “é unha ferramenta útil e rechamante para educar en igualdade dende as primeiras idades”. Nos próximos días o Concello comezará a distribuílos entre a comunidade educativa do municipio ademais das Casas Niño do municipio, a biblioteca municipal e a Asociación ASPAVI.
    Para a edición deste exemplar o Concello contou co financiamento do Pacto de Estado para a Prevención da Violencia de Xénero.

Publicacións Relacionadas