HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas executa a primeira fase das obras de mantemento...

O concello de Ponteareas executa a primeira fase das obras de mantemento do pavillón 1 do Complexo Deportivo Álvaro Pino

- Anuncio -spot_img

O Concello de Ponteareas executou a primeira fase das obras de mantemento e conservación do pavillón 1 do complexo deportivo Álvaro Pino no que adestran o club de hóckey, o de baloncesto, o de fútbol sala e o de patinaxe, entre outras modalidades deportivas.

O concelleiro de Deportes, Luis Rodríguez, explica que se investiron 48.397,58 € con fondos do plan +Provincia da Deputación de Pontevedra en obras de mantemento e conservación desta infraestrutura deportiva indispensable para a práctica do deporte base. A alcaldesa, Nava Castro, adianta que o apoio ao deporte base será unha das prioridades do goberno.

Entre as obras realizadas están o acuchillado mecánico e aplicación de imprimación e vernizado da pista de madeira, o pintado das liñas de xogo, reparación e pintado do solo en corredores perimetrais á pista, reparación de mecanismos de peche e fixacións, reparación dos valados, pintado de esmalte e substitución de redes de cabeceira, automatismo de canastras e pintados exteriores.

Ademais, esta infraestrutura acolle a organización de múltiples partidos e torneos que se celebran ao longo de todo o ano. “O complexo deportivo Álvaro Pino no que dispomos de dous pavillóns, unha piscina e as pistas de padel ofrece un servizo indispensable para a cidadanía, en especial, para a infancia e a mocidade ademais de ser unha tarxeta de presentación da nosa vila ao que acuden clubs de outras vilas para diferentes competicións”, explica o concelleiro.

O concelleiro adianta que se seguirán executando melloras nas distintas infraestruturas deportivas municipais e que no ano 2025 se executarán as obras do campo de fútbol do San Mateo, camibaránse os cabeceiros da piscina municipal e se fomentará a práctica deportiva con actividades organizadas para percorrer e coñecer as novas sendas circulares, ademais de reubicara pista de volley ball.

Publicacións Relacionadas