HomePontevedraO CondadoO concello de Ponteareas revalida o diploma de categoría de ouro da...

O concello de Ponteareas revalida o diploma de categoría de ouro da Rede Galega de ‘Praias sen fume’

- Anuncio -spot_img

• Ponteareas está entre os 45 concellos que conseguiron a categoría de ouro ao ter declarados todos os seus areais libres de fume


• O Concello leva adherido a este programa dende 2021

O conselleiro de Sanidade Antonio Gómez fixo entrega dos diplomas das categorías de ouro que anualmente outorga a Xunta de Galicia no marco da Rede Galega de ‘Praias sen fume’.

Ponteareas é un dos 45 concellos que conseguiu o diploma na categoría de ouro ao ter declarados os seus areais libres de fume, revalidando así esta distinción que xa recibira o Concello o ano pasado.

A encargada de recibir esta distinción en nome do Concello de Ponteareas foi a concelleira de Benestar Social, Igualdade, Saúde, Consumo e Colectivos Lgtbiq+ Raquel Plana, que asistiu ao acto celebrado en Cabanas.

A concelleira destacou que “este recoñecemento reflexa o esforzo do Concello de Ponteareas na protección da saúde pública de todos os veciños e visitantes que desfrutan das nosas praias fluviais e co medio ambiente. É importante concienciar e sensibilizar á veciñanza sobre os beneficios que aportan iniciativas tan importantes coma esta, mantendo limpas as praias e preservando os ecosistemas do río”.

Foi no 2021 cando o Concello de Ponteareas se adheriu á Rede Galega de ‘Praias sen fume’. Así, dende ese momento, as praias da Freixa e de San Roque mantéñense libres de malos fumes e cabichas.

Publicacións Relacionadas