HomePontevedraCaldasO concello de Portas destina 3.586,44 euros á reparación do teito dos...

O concello de Portas destina 3.586,44 euros á reparación do teito dos vestiarios e dos baños do Pavillón Municipal

- Anuncio -spot_img

O alcalde Ricardo Martínez salientou a importancia destas instalacións deportivas e fixo un chamamento ao civismo dos seus usuarios para garantir a súa conservación e mantemento

O Concello de Portas destinou de fondos propios un total de 3.586,44 euros a labores de reparación e substitución do teito dos vestiarios e dos baños do pavillón municipal que se atopaban en moi mal estado e precisaban dunha actuación neste sentido.

Os traballos consistiron na colocación de novos paneis de aillamento e falso teito así como a mellora do sistema de iluminación interior das dependencias dos vestiarios e do baño aproveitando as obras de reposición realizadas nestas instalacións.

O alcalde, Ricardo Martínez, sinalou que as obras foron executadas durante esta pasada Semana Santa e salientou a importancia de ter en perfectas condicións estas instalacións deportivas municipais. Asemade, fixo tamén un chamamento responsable sobre o uso axeitado das instalacións deportivas municipais “xa que son de todos e temos a obriga de coidalas e usalas coa máxima responsabilidade conscientes de que unha vez que acabemos de utiliza-las debemos deixalas en perfecto estado para que poidan ser ocupadas polos que veñan despois”.

Ricardo Martínez destacou o importante servizo que prestan as instalacións deportivas municipais para favorece-la práctica deportiva de colectivos en xeral e tamén de persoas que a nivel individual queren practica-lo deporte e que teñen neste lugar un sitio axeitado para poder desenvolver este tipo de actividades.

Publicacións Relacionadas