HomePontevedraCaldasO concello de Portas inviste 4.359,66 euros en cambiar portas e reforma-los...

O concello de Portas inviste 4.359,66 euros en cambiar portas e reforma-los pisos da Escola Unitaria de Romai

- Anuncio -spot_img

O alcalde Ricardo Martínez supervisou os traballos levados a cabo durante o parón da Semana Santa para evitar molestias na actividade lectiva do centro educativo

O Concello de Portas inviste 4.359,66 euros en realizar unha reforma en profundidade na Escola Unitaria de Romai aproveitando o parón da Semana Santa para evitar molestias na actividade lectiva do centro educativo no que cursan 9 nenos e nenas de Infantil.

Os traballos, que contaron cunha subvención da Consellería de Cultura, Educación e Universidade de 2.000 euros, consistiron básicamente na substitución das portas interiores do centro educativo así como dos pisos que, coa renovación, pasaron a ter tarima flotante, máis acorde coas necesidades dos nenos e nenas matriculados neste centro.

A actuación foi levada a cabo ao longo desta Semana Santa aproveitando o parón lectivo e foi supervisada polo alcalde de Portas, Ricardo Martínez, quen manifestou que “estes traballos estaban comprometidos e forman parte da vontade do grupo de goberno de apostar pola educación dos nosos cativos para que estén nas mellores condicións posibles no seu proceso de formación. Cambiamos as portas e os pisos que xa precisaban dunha actuación neste sentido porque o desgaste polo uso xa aconsellaba facer unha intervención destas características”.

Asemade o alcalde de Portas salientou a coloboracion da Xefatura Territorial de Educación neste tema e agradeceu que se destinarann 2.000 euros de fondos da Consellería a acometer estas obras tan necesarias para un mellor acondicionamento deste espazo educativo para os cativos de Romai.

Publicacións Relacionadas