HomePontevedraO Concello de Redondela avanza na restrición do tráfico no casco histórico...

O Concello de Redondela avanza na restrición do tráfico no casco histórico e abre o prazo para que os residentes rexistren os seus vehículos

- Anuncio -spot_img

Redondela amplía as rúas con tráfico restrinxido á Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral. O paso de vehículos estará limitado aos residentes, así mesmo poderán circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, e permitiranse as operacións de carga e descarga. Desde o 10 de setembro os residentes poderán dar de alta os seus vehículos no Rexistro do Concello ou na sede electrónica.

A partir de outubro as cámaras de control instaladas nos accesos a estas vías comezarán a sancionar de xeito automático aos vehículos non autorizados. Actualmente estas rúas do casco histórico soportan un tráfico de ata 2.500 vehículos ao día, o que supón un volume de tráfico incompatible coa conservación do patrimonio e coa seguridade da veciñanza e dos peóns.

O Concello de Redondela comezará a facer efectiva mañá venres a prohibición de circular no casco histórico polas rúas Praza da Constitución, Telmo Bernárdez e Figueiral. Esta reordenación do tráfico vén a completar a xa existente desde hai anos noutras rúas do casco histórico. O paso de vehículos estará limitado aos residentes. Do mesmo xeito poden circular os vehículos de servizos públicos e emerxencias, e permitiranse as operacións de carga e descarga. Os sinais de tráfico quedarán instalados mañá venres, e o luns día 8 entrarán en vigor as restricións.

Esta reordenación do tráfico no casco histórico da vila completa as restricións que están vixentes desde hai anos noutras zonas do casco histórico. “A limitación do tráfico rodado busca mellorar a calidade de vida e a seguridade dos veciños e veciñas, fomentar a sostibilidade e preservar o patrimonio histórico”, explica a concelleira de Interior, Rita Pérez Táboas. “Restrinxir o tráfico só para os residentes permitirá reducir a contaminación e o ruído”, sinala a edil.

A próxima semana, desde o 10 de setembro, os residentes poderán dar de alta os seus vehículos a través dun formulario no Rexistro do Concello ou na sede electrónica.
As cámaras de control, que identifican as matrículas dos vehículos, comezarán a sancionar de xeito automático aos vehículos non autorizados a partir de outubro. Os dispositivos están instalados nos accesos ao casco histórico. Actualmente estas rúas soportan unha media diaria de 2.500 vehículos, “o que supón un volume de tráfico incompatible coa conservación do patrimonio e coa seguridade da veciñanza e dos peóns”, apunta Pérez Táboas. O control das cámaras evitará que as persoas non residentes circulen polo casco histórico, o que reducirá dun xeito moi significativo o tráfico. A partir da próxima semana os axentes da Policía Local procederán a informar aos condutores que circulen pola zona e poderán sancionar aos non residentes que circulen polas zonas prohibidas.

Publicacións Relacionadas