HomePontevedraO Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21...

O Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes

- Anuncio -spot_img
  • A celebración das feiras en Redondela, os días 6 e 21 de cada mes, vaise manter tal como establece a Ordenanza Municipal. Este calendario conta co apoio da Asociación Galega de Ambulantes Autónomos e a Asociación de Empresarios de Redondela. Desde o Concello lembran que o municipio xa conta con catro feiras ao mes, xa que en Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes.
  • A petición de establecer a feira todos os venres, realizada por outro colectivo de ambulantes con sede en Madrid, non pode ser atendida polo Concello redondelán “xa que desde o goberno local primamos o interese xeral da veciñanza”. Ante as ameazas de mobilizacións por parte deste colectivo de Alpedrete a alcaldesa asegura “que non vai ceder a chantaxes”.

O Concello de Redondela manterá as feiras os días 6 e 21 de cada mes, tal e como establece a Ordenanza Municipal. O goberno local rexeita así a petición de celebrar a feira todos os venres do ano, realizada pola Asociación de Empresarios y Comerciantes Ambulantes de Galicia con sede en Alpedrete, Madrid. A decisión do Concello de Redondela está abalada pola Asociación Galega de Ambulantes Autónomos, e tamén da Asociación de Empresarios de Redondela, que rexeitan facer a feira semanalmente cada venres. A alcaldesa, Digna Rivas, explica que desde o goberno local puxéronse en contacto tanto co colectivo de vendedores ambulantes que traballa en Redondela como coa asociación de empresarios para coñecer a súa opinión sobre este asunto “e ambos colectivos están a favor de manter os días de feira tal e como están actualmente”. Desde o Concello lembran que o municipio xa conta con catro feiras mensuais, xa que en Chapela celébrase os días 2 e 16 de cada mes.
A propia Asociación de Empresarios fixo unha sondaxe interna entre os seus asociados e un 80% están en contra de aumentar os días de feira. Outro aspecto a ter en conta son as consecuencias que a celebración da feira ten na vida cotiá dos veciños, pola reducción das prazas de aparcadoiro. “Celebrar a feira todos os venres do ano suporía un prexuízo maior para a veciñanza, e desde o goberno local primamos o interese xeral da cidadanía”, sinala Rivas. Ante o anuncio de mobilizacións e concentracións por parte deste colectivo de Alpedrete para reclamar que se acepte facer a feira todos os venres do ano, a alcaldesa asegura “que non vou ceder a chantaxes nin presións por parte deste colectivo nin de ningún outro”.

Publicacións Relacionadas