HomePontevedraO Concello de Salceda apela á prudencia e condena as declaracións alarmistas...

O Concello de Salceda apela á prudencia e condena as declaracións alarmistas de Tano Guerra

- Anuncio -spot_img


Posicionamento do Equipo de Goberno do Concello de Salceda de Caselas ante a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

  • O Concello de Salceda non ten comunicación algunha por parte do Ministerio de Hacienda, da Dirección Xeral de Catastro nin do TSX sobre a sentenza en cuestión. Tendo en conta que a parte demandada non é este Concello senon o propio Ministerio, haberá que estudiar os pasos a dar en caso de ter que afrontar posibles consecuencias económicas para o Concello.
  • Cabe lembrar que a revisión catastral recolle as parcelas definidas como “non urbanizables de núcleo rural” nas normas subsidiarias do 97, aprobadas no seu momento polo Partido Popular. MS tentou solucionar este problema coa elaboración dun PXOM no 2016, documento que foi tumbado por PP e PSOE antes sequera da súa aprobación inicial.
  • As pretensións da PVC e as súas afirmacións porían en risco as 115 licencias de obra concedidas dende a entrada en vigor da Lei do Solo, máis as 44 pendentes de concesión, que non serían posibles se se aplica a sentenza á totalidade das parcelas. Tamen por iso volvemos apelar á prudencia e non entrar en afirmacións falsas e alarmistas que non son reales, pois reiteramos que estamos a falar dunha sentenza que afecta a un caso concreto.
  • A sentenza dalle a razón a unha reclamación sobre un caso concreto, non anula a revisión catastral tal como afirma a Plataforma Veciñal contra o Catastrazo representada por Tano Guerra, concelleiro do BNG. Cada parcela ten unha casuística diferente e non se pode afirmar que todas elas están afectadas, máis se temos en conta que pode haber persoas ás que non lle interese que as súas parcelas sexan declaradas como rústicas.
  • Non é certo que calquera persoa poida solicitar a devolución dos seus pagos de IBI.
    Dende o equipo de goberno consideramos una irresponsabilidade que sexa un colectivo representado polo Concelleiro do BNG e os seus avogados os que estean a realizar este tipo de afirmacións que haberá que estudiar en cada un dos casos.
  • O Concello de Salceda respecta absolutamente as decisións da Xustiza, e actuará en consecuencia no momento que teña que facelo. Non se debe nin se pode tomar decisións precipitadas en base a informacións que non constan oficialmente neste Concello. O equipo técnico e xurídico do Concello está a estudiar a sentenza.
  • Polo tanto, apelamos á prudencia e á rigorosidade, sen deixarnos levar por intereses partidistas de ningunha forza e priorizando ante todo os intereses do propio Concello, que son por definición os intereses da veciñanza.

Publicacións Relacionadas