HomePontevedraO concello de Soutomaior organiza dous concertos musicais esta fin de semana

O concello de Soutomaior organiza dous concertos musicais esta fin de semana

- Anuncio -spot_img
  • As actuacións terán aforo reducido e será necesario seguir o protocolo anticovid
  • O Concello de Soutomaior, dentro da súa programación cultural de verán, ten programadas dúas actuacións musicais esta fin de semana na alameda Tallo Río de Arcade. Ambas as iniciativas son totalmente gratuítas e contarán cun aforo reducido para garantir a distancia de seguridade entre os asistentes. Non será necesaria inscrición previa xa que o aforo cubrirase por orde de chegada.

  • A primeira actuación, o sábado a partir das 22:00 horas, correrá a cargo do grupo “Pop, Rock e Café con leite”. Un grupo cun repertorio cheo de versións dos grandes clásicos da música Pop e Rock en español de todos os tempos e que fará as delicias dos máis nostálxicos durante máis dunha hora e media.

  • O domingo, a partir das 21:00 horas, será a quenda da Banda de música de Cercedo. O concerto está enmarcado na iniciativa “Un país de Bandas”, posta en marcha pola Xunta de Galicia no marco do Xacobeo 21-22. A actuación terá unha duración aproximada de 60 minutos e interpretará un repertorio cheo de pezas tradicionais galegas.

Publicacións Relacionadas