HomePontevedraO concello de Soutomaior pon en servizo o novo vial de acceso...

O concello de Soutomaior pon en servizo o novo vial de acceso ao Peirao de Arcade

- Anuncio -spot_img
  • Acéiralas contorna ao edificio multiusos ampliáronse ata os 3 metros de ancho e creáronse 30 novas prazas de aparcamento
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar os traballos de acondicionamento e humanización do novo vial de acceso e servizo ao Peirao de Arcade. A mellora eliminou un antigo almacén privado xunto ás vías do tren e permitiu urbanizar a contorna do edificio multiusos de Arcade con novas beirarrúas de tres metros de ancho e unha zona de aparcamento con 30 novas prazas.
  • Tras a actuación, esta nova sección de estrada conta cunha calzada de máis de 80 metros de longo e serve para dar continuidade á viaria que discorre paralelo ás vías do tren ata a rúa carburos. O novo vial ten un único sentido de circulación, “co que gañamos espazo para os peóns”, indicou o alcalde, Agustín Reguera, explicando o aumento do 300% na dimensión das beirarrúas. Ademais, creáronse dúas prazas de aparcamento reservado para persoas con diversidade funcional enfronte ao edificio multiusos.
  • En total instaláronse case 4.000 metros cadrados de novo pavimento con todos os servizos municipais habituais como o sistema de iluminación de baixo consumo, as marcas viarias e a rede de recollida de augas pluviais, que se ampliará coa instalación dun novo ramal de 110 metros de longo con 3 pozos e 6 sumidoiros para a captación. Por último, instalouse o mobiliario urbano entre o que destaca a decena de árbores plantadas, os redutores de velocidade e o novo aparcamento para bicicletas.
  • “Estou seguro que este novo vial será de gran utilidade para todos os veciños da zona, tanto condutores como peóns” destacou Reguera, que esta mañá visitou a posta en servizo do vial. “Agora a contorna do multiusos, un dos grandes centros da actividade municipal, é máis acolledor e máis accesible para todos os veciños”, finalizou o rexedor.
  • A actuación contou cun orzamento de execución material de 88.000 euros, cifra que o Concello de Soutomaior financiou a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

Publicacións Relacionadas