• Luis Taboada despois de manter varias reunións cos veciños, cre que hai que situarse, e acordar con toda a corporación de Vila de Cruces as accións que se van a levar acabo cos parques eólicos na Vila.
Dada a situación de incertidume na que se atopa no Concello de Vila de Cruces ante os numerosos parques eólicos que se están a promover e a tramitar por parte das empresas como Green Capital Power e Greenalia.
En Vila de Cruces existe a posibilidade de implantación dos seguintes parques eólicos:
• Parque eólico da A Cunca ( en proceso de información pública por parte da Consellería de Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación que remata o día 18 de maio de 2021)
• Parque eólico de Rodeira
• Parque eólico de Axouxere
• Parque eólico de Mesada
• Liña de evacuación do parque eólico de Monte dos Porcallos ( Lalín)
• Liña de evacuación do parque eólico de Cima de Vila (Agolada)
Os técnicos do concello comprobaron que se esta a levar a cabo unha fragmentación en
diferentes parques eólicos, tratando cada un como unha unidade funcional e única; cando en realidade, se pode comprobar que, por exemplo, os parques de Axousere, A Cunca e Rodeira forman un conxunto que depende unha instalación da outra, dado que as liñas de evacuación dos mesmos de conectan entre elas para chegar ao punto final de evacuación na subestación eléctrica de Silleda.
Por tal motivo o Grupo de Goberno propón un pleno extraordinario o vindeiro xoves no cal se vai a consensuar as actuacións, que dende o concello se van a levar acabo para presentar alegacións aos procedementos de tramitación de parques eólicos e liñas eléctricas asociadas que afecten ao municipio, naqueles enclaves non recollidos no Plan Eólico de Galicia, ou aínda dentro deles os que pola súa afección sexan inasumibles dende o punto de vista patrimonial, social, agrícola ou medioambiental, amosando o seu rexeitamento.




