O Concello de Marín fará labores de mantemento nos aparcadoiros disuasorios do centro urbano, levandoa a cabo traballos de limpeza e desbroce para que estean en perfecto estado para o seu uso.
Segundo informou o Concello, mañá mércores de 08.00 a 10.00 horas limparanse os de Concepción Arenal, Ponte Zapal e Inferniño. Para tal efecto, pídese á cidadanía que retiren o seu vehículo antes desa hora para facilitar estes labores.
O xoves non se realizará limpeza debido á gran afluencia de xente que hai nos aparcadoiros polo mercadillo, polo que se retomarán os traballos o venres, de 07.00 a 09.00 horas en Jaime Janer, República Argentina e Sagrada Familia.
Na web do Proxecto Mares poden conseguirse planos con todos os aparcadoiros públicos gratuitos ubicados: http://www.concellodemarin.es/proxectomares/




