O Concello da Guarda recibe material informático para renovar e modernizar a aula CEMIT. Ata un total de catorce equipos completos foron recibidos esta mañá.
Ademais de 14 monitores e 14 portátiles, A Guarda terá 14 novos teclados con lector de DNI, 14 ratos USB e 14 docking station. Toda unha modernización para o CEMIT.
Trátase dunha provisión de equipamento e infraestrutura por parte da Deputación de Pontevedra cos fondos Next Generation e o Plan de Resiliencia.




