HomeTabeirósCerdedo - CotobadeO Concello recuperará a Ruta das Pontes do Lérez con actuacións nas...

O Concello recuperará a Ruta das Pontes do Lérez con actuacións nas de Pedre, Fentáns e Parada de Cerdedo

- Anuncio -spot_img

Cubela aposta por poñer en valor elementos etnográficos e do patrimonio arquitectónico do municipio para conservación e disfrute da veciñanza así como para a promoción turística
O Concello de Cerdedo-Cotobade emprenderá un exhaustivo labor de limpeza, conservación e rehabilitación das pontes de Pedre, Fentáns e Parada de Cerdedo co fin de protexer o enorme patrimonio arquitectónico e etnográfico que supoñen estes antigos viaductos que conforman gran parte do legado histórico, cultural e turístico que posúe o municipio.
O alcalde, Jorge Cubela, pretende con esta actuación a recuperación da Ruta das Pontes sobre o Lérez, un novo foco de atracción turística de Cerdedo-Cotobade para os novos tempos que se aveciñan nun momentos nos que se supón que empezarán a diminuir as restricións e se fará unha constante a presenza de visitantes e a mobilidade turística.
Esta nova situación permitirá unha maior afluencia a este tipo de enclaves onde a natureza e o patrimonio históricos son reclamos máis que suficientes para as persoas que queren realizar un encontro co medioambiente nos seus momentos de lecer polo que o Concello de
Cerdedo Cotabade pretende facer agora unha especie de posta a punto para a súa protección, conservación e promoción turística.
As actuacións que levará a cabo o Concello de Cerdedo-Cotobade nestas tres pontes de especial interese turístico e patrimonial consistirán en labores de limpeza e desbroce de accesos así como dos lugares afectados pola presenza de vexetación invasiva que, en moitos casos, provocan accións de desgaste e poñen en perigo a propia estabilidade dos
viaductos.
Tamén se farán labores de consolidación e recolocación de pedras que se atopan movidas ou en estado de perigo de desplome coa intención de garantir a seguridade da propia construción así como a súa conservación para que sigan prestando as funcións para as que foron levantadas hai centos de anos aínda que con aproveitamentos máis acordes cos novos
tempos e que teñen que ver máis coa promoción de rutas de sendeirismo e peonís, rutas turísticas ou lugares de acceso veciñal, como antergo.
Para Jorge Cubela “esta vai ser unha actuación fundamental para recuperar a Ruta das Pontes do Lérez que terán como elementos fundamenais ás de Pedre, Fentáns e Parada de Cerdedo e que constituirán un elemento máis do atractivo turístico do noso concello onde se mezcla a beleza paisaxística dos mil e un recunchos dos que dispoñemos con elementos do patrimonio arquitectónico, etnográfico, o legado inmaterial a través de lendas e a tradición oral que fan destes espezos uns lugares únicos no mundo que non so hai que protexer senón promocionar e serán o motor do turismo do futuro”.
A recuperación da Ruta das Pontes do Lérez pivotará sobre estes viaductos sobre os que actuará o Concello de Cerdedo-Cotobade e vertebrará tamén
outros sendeiros que discurren en confluencia con eles como as peregrinaxes con sentido relixioso, as visitas etnográficas a aldeas e
espazos únicos en perfecta harmonía con outras ofertas turísticas do municipio como serán os Baños do San Xusto, unha aposta decidida polo turismo termal que se está a impulsar de maneira especial desde a Alcaldía.

Publicacións Relacionadas