O alcalde, Carlos Costa, inspeccionou os traballos realizados, incluídos xa nos orzamentos do 2020 e rematados agora tras obter tódolos permisos precisos
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, supervisou o remate da instalación de seis novos cubre contedores de madeira no centro da vila así como as reparacións realizadas en papeleiras e outros once cubre contedores no casco urbano xa existentes. Esta actuación, que acaba de rematar por importe de 9.557,79 euros foi executada por unha empresa carpinteira local e xa estaba incluída nos orzamentos do 2020, pero non se pudo realizar ata agora pola necesidade de obte-los permisos necesarios para poder leva a cabo.
Os traballos realizados por esta empresa local consistiron na instalación de 6 novos cubre contedores de recollida de lixo e a reparación de 11 das mesmas características dos existentes, realizados en madeira clase III con ferraxes e tornillería de aceiro inoxidable.
Polo deterioro dos cubre contedores de residuos existentes e tamén das papeleiras, procedeuse a realizar unha reparación en profundidade do mobiliario urbano coa retirada dos barrotes en mal estado e a súa substitución por uns novos de características similares así como a aplicación de acabado a base dun lasur.
Nesta liña, nas papeleiras existentes se procedeu tamén á reparación da madeira que se atopaba deteriorada ou rota substituíndo ademais os barrotes que non se podían reparar por uns novos realizados en madeira tratada clase III, lixado, renovando a tornillería de aceiro inoxidable con terminación con dúas mans dun lasur.
O alcalde, Carlos Costa, manifestou que “esta obra que era moi necesaria e tiñamos previsto acometer antes, no 2020, non se pudo facer ata agora poque houbo que agardar polos pertinentes permisos que se foron demorando no tempo. Aínda así, adxudicouse a mediados do mes de xaneiro e xa se executou en tempo récord polo que hai que felicitar á carpinteiría local encargada de realiza-los traballos dun xeito rápido e satisfactorio”, sinalou o alcalde de Campo Lameiro.




