- O coro fará paradas na praza de Avelino Vicente, na igrexa de San Benito e na rúa do Porto
Este sábado 26 de xullo as rúas encheranse de novo de música, esta vez grazas ao coro Cantábile.
Este coro leva máis de 40 anos introducindo novas voces guardesas ao mundo da coral e actuando en diversos eventos da Guarda. O sábado sairán á rúa para compartir a súa música a partir das 20:00h.
O coro Cantábile percorrerá a rúa principal de Concepción Arenal facendo paradas na praza de Avelino Vicente, fronte a igrexa de San Benito e na rúa do Porto.




