HomePontevedraO goberno local pide ao PP que non inventen inversións en campaña...

O goberno local pide ao PP que non inventen inversións en campaña para maquillar o esquecemento ao que someten a Vilaboa

- Anuncio -spot_img

A inseguridade na PO-264, a falla dun porto competitivo ou as carencias no colexio son exemplos da discriminación por parte da administración autonómica

A propaganda electoral distribuida esta fin de semana polo Partido Popular na que fai referencia a un investimento de 8.109.171,41 euros en Vilaboa impactou ao goberno local, que se pregunta que periodo contarían e onde meteron eses cartos. “Nin sumando desde a etapa de Fraga Iribarne chegan a esa cantidade”, apuntan desde o goberno local. “Que non inventen investimentos en campaña para maquillar o esquecemento ao que someteron a Vilaboa durante os últimos anos”, insisten.

A Xunta do Partido Popular leva moitos anos dándolle as costas á cidadanía de Vilaboa e en campaña electoral “maquillan os datos e tratan de dar unha imaxe falseada; eso é o que podemos esperar desta opción política: mentiras e manipulacións. Así Galicia non funciona”.

O goberno local recorda que os orzamentos aprobados pola Xunta parte ano 2024 son “totalmente discriminatorios” para Vilaboa, limitando a 121.000 euros a cantidade destinada a investimentos neste municipio, concretamente para solventar as deficiencias nas infraestruturas portuarias de Santa Cristina e San Adrián.

Frente a esa cantidade, o goberno local considera que Vilaboa necesitaría este ano un investimento de 6.200.000 euros para poñer en marcha infraestruturas e instalacións amplamente necesarias e demandadas polo conxunto da cidadanía e con máxima urxencia compre que a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asuma a reforma do tramo que pasa por Vilaboa da PO-264, en Paredes, garantindo a seguridade vial que agora mesmo non se cumpre.

Publicacións Relacionadas