HomePontevedraDezaO grupo de goberno dá por terminado os trámites e confirma a...

O grupo de goberno dá por terminado os trámites e confirma a apertura da pista de pádel

- Anuncio -spot_img

• Unha vez que xa se ten o seguro e comprobouse que os contaxios están en descenso, o grupo de goberno decidiu abrir a pista de pádel para o goce de todos o cruceños e cruceñas

No día de hoxe o tenente de Alcalde Julio López, a través deste comunicado quere anunciar a apertura desde este instante da nova pista de pádel que desde agora, todos os veciños e veciñas poderán gozar.
Estas instalacións levan varios meses rematadas, pero por causa da pandemia o goberno decidiu pospoñer a súa apertura, pero nestes momentos comprobando que os casos de Covid están practicamente erradicados no noso concello, e que as administracións públicas permiten certas actividades deportivas, dáse apertura á pista de pádel desde o día de hoxe.
Para regular esta apertura o grupo de goberno ten que utilizar as antigas bases que estaban aprobadas polo PP, (aínda que non sexan as máis adecuadas), xa que teremos que levar a pleno canto antes cambios substanciais das mesmas, está claro que non é de recibo o ter que cobrar cantidades que non son múltiplos de 5, xa que estas bases obrígannos a cobrar por 1:30 minutos de pista 3,38 € o que supón un encordio; outro dos cambios é o que estipula unha tarifa nocturna a partir da 19:00 horas, cando todo o mundo sabe que no verán é de día ata as 23:00 horas, pero Julio López sabe que e nefasto ter rematado unhas
instalacións e non poder gozar delas; de momento coas bases antigas desde o goberno garanten que en canto lles sexa posible propoñeranse no pleno os cambios coas melloras pertinentes e adaptadas o século XXI.
Julio López pide á cidadanía responsabilidade con todo o público e que se coide un patrimonio que é de todos e para todos, e anima a todos aqueles que queiran montar un Club de Pádel a que se poñan en contacto con el, para ver como lles pode axudar desde a súa concellería.
Poden consultar as bases expostas no Facebook do concello, ou ben pasándose polo ximnasio.

Publicacións Relacionadas