HomePontevedraO Local social de Monte Porreiro xa ten novo lucernario

O Local social de Monte Porreiro xa ten novo lucernario

- Anuncio -spot_img

Alberto Oubiña, concelleiro delegado do barrio, ordenou a retirada do anterior e a instalación dun novo  seguindo a petición da asociación de veciños O Mirador.  

A anterior claraboia estaba moi deteriorada e filtraba auga que nos días de moita chuvia anegaba o  corredor no que se atopa. 

O Local social de Monte Porreiro xa ten novo lucernario. Dentro da liña de colaboración que o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores abriu coa asociación de veciños O Mirador neste novo tempo político, o  concelleiro delegado do barrio Alberto Oubiña atendeu unha das máis importantes necesidades da  veciñanza: ter en boas condicións de uso o seu centro social, que día a día crece en propostas de actividades  e afluencia de público grazas ao dinamismo que imprimiu a directiva veciñal nos últimos meses.  

Unha das intervencións máis urxentes era a substitución do lucernario do local que se atopa nun corredor e  que ofrece iluminación natural ao espazo. Debido ao paso do tempo, a claraboia xa non cumpría a súa  función. Filtraba auga que en días de moita chuvia chegaba a anegar o local e xa non ofrecía a calidade de  luz que tiña nas súas orixes.  

Substituíuse por un novo lucernario con novo material máis resistente e impermeábel que foi instalado e  selado hai uns días. O concelleiro Alberto Oubiña explicou que se está á espera de que estea ben testado  (agardar a que volva a chover con certa insistencia) para saber se ten un funcionamento óptimo. Cando se  comprobe, pintarase todo o espazo para eliminar os restos de humidade e os regos da auga de cando  filtraba.  

Esta reparación sumouse a outras xa realizadas como asentar lousas na entrada que estaban movidas, cambio  de luces ou a eliminación dunha barreira arquitectónica no exterior que impedía o acceso de vehículos con  facilidade. Aínda que o local social de Monte Porreiro cumpriu 20 anos o pasado 16 de xuño, é unha das casas  da cultura municipal mellor conservadas, pero precisa dalgunha intervención para poder sacarlle o maior  partido.  

A permanente comunicación entre o concelleiro delegado, Alberto Oubiña, e a directiva da asociación O  Mirador permite ir atendendo ao barrio en tempo e forma e ir coordinando as actuacións en función das  urxencias e necesidades presentadas pola veciñanza en beneficio de todo Monte Porreiro. 

Publicacións Relacionadas