HomeVigoBaionaO Multiusos Mercado de Sabarís acolle mañá ás 18:30 horas a inauguración...

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle mañá ás 18:30 horas a inauguración da exposición de pintura e escultura “Eixo Atlántico, Galicia-Portugal”, unha mostra obras de 17 artistas de Galicia e de Portugal

- Anuncio -spot_img

O Multiusos Mercado de Sabarís acolle mañá ás 18:30 horas a inauguración da exposición de pintura e escultura “Eixo Atlántico, Galicia-Portugal”. A exposición, gratuíta, mostra obras de 17 artistas de Galicia e de Portugal.

Ao acto de inauguración asistirán o alcalde do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuiña; o concelleira de Cultura, Policarpo Vilar Misa; o Cónsul Jorge Fonseca, da Embaixada portuguesa en Vigo representando a Portugal.

Desde a concellería de cultura do Concello de Baiona, á fronte de Policarpo Vilar Misa, #convidar a coñecer de primeira man a obra destes artistas que uniron traballo, talento esforzo poñendo o mellor de cada un deles nestas obras que se poderán visitar no multiusos desde mañá e ata o 28 de outubro. Os luns, sábados e domingos o horario é de 12:00-14:00/18:00-21:00. Mentres que de martes a venres o horario é de 18:00-21:00 horas. Así mesmo, desde esta concellería destácase a importancia de achegar a arte e a cultura á veciñanza.

Artistas: Eduardo J. Ortún, Roberto Nogueiras Souto, Jorge Miguele Almeida, Julia Barreiro Manzano, Gabriela Carrascalão, Rafael #Freixeiro, Ángeles Jorreto, Chity Bao, Fernando Veloso, Tino Canicoba, Rodinhas, Jose Miranda, Armando Martínez, José María López-Orozco, Albertina Tavares (Anit); Carla Viso; José Cerdeira.

Publicacións Relacionadas